Blog

Bitácora Miudiña de natureza, infancia e xogo libre

O Blog de Miudiño nace co desexo de motivar un cambio de mirada do mundo adulto cara a necesidade de unir natureza e xogo libre na infancia.

Nel compartimos ideas, recursos e información para xerar debate e dar solución ás inquedanzas máis frecuentes que nos atopamos nestes anos de traballo.

A través da difusión do coñecemento do noso patrimonio cultural e coa base da psicoloxía e a educación ambiental, confiamos en contribuír a que o desexo de ver a nenos e nenas gozar dunha infancia saudable sexa un soño feito realidade.

Artigos recentes

Cartel de familias a monte

Familias a monte

Información actualizada a 12/09/2022 Comezamos o curso e o corpo xa pide….ser familias a monte! Non vos parece que xa é hora de calzar botas, preparar a roupa axeitada, poñer chuvasqueiros e aproveitar o tempo de lecer en espazos naturais? Necesitamos movernos. Subir penedos. Construír cabanas. Dar paseos. Coñecer a nosa contorna. E como facelo?…
Ler máis
Pai e fillo subidos abrazados a unha árbore

Adultas, infancia e natureza

Sabemos da necesidade de unir infancia e natureza para un desenvolvemento óptimo das nenas e nenos que criamos e educamos, mais cal é o noso rol como persoas adultas nesta relación?

Na relación adulta-natureza, para nós é importante a reflexión sobre tres conceptos relacionados: o respecto, o disfrute e o coñecemento. Lanzámosvos algunhas cuestións que esperamos que vos axuden a definir onde estades!!!

Ler máis

Tes algunha pregunta ou queres participar no blog? Fálanos!