Comezamos unha nova andaina na cooperativa coa Escoliña Miudiña. Dentro deste apartado iremos informando de actividades de formación e aprendizaxe tanto para profesionais como para particulares. Infancia, natureza, xogo libre e patrimonio cultural serán a base das actividades dentro da Escoliña Miudiña.

A primeira actividade será a cargo da compañeira da cooperativa Judit Santos. Ollade o cartaz, e para quen lle interese, pode ir apuntándose.

Menú