Festa Miudiña

Na procura dunha festa tranquila nace este fermoso evento, que busca que as familias e público asistente gocen dun marabilloso día rodeados de natureza.

festa-miudinha-2019

Festa Miudiña

Cunha estética altamente coidada, cada recuncho ofrece un mundo máxico no que deixar transcorrer suavemente o tempo, sen ruído, sen estridencias. Os espazos de xogo, os obradoiros, o espazo de lectura, a tenda, a zona de concertos, as apostas do Alto que hai mais o Brincalheiro…a liberdade de movemento, tranquilidade, xogo libre… e a poder ser sempre rodeados de grandes amigos e espléndidas colaboracións. E como nesta cooperativa todo ten vida propia, nunca hai dúas festas iguais!! Na Festa Miudiña todo ten cabida!!

1ª Festa Miudiña 2017

Tes algunha pregunta? Fálanos! Estaremos encantados de axudar

Menú