Dende o verán de 2008 Cé orquestra pantasma leva percorrendo o mais variado panorama festeiro galego e portugués.
Nenos, nenas, vellos e vellas levan gozado a mans cheas das súas propostas polas máis destacadas feiras, festas, festivais e romarías populares do país.
Coa música como elemento común, Cé orquestra pantasma ofrece varios formatos individuais ou combinables entre si.
O Xogueteiro 
Desta volta Cé Orquestra Pantasma da un paso máis aló na súa personaxe, meténdose na pel dun feirante xogueteiro, que entre rimas, música e baile iranos engaiolando cara un mundo marabilloso: o mundo dos xogos e xoguetes Miudiños.
Conservando a alta participación que caracteriza os seus espectáculos, no Xogueteiro combínase un primeiro momento de música e baile seguido dun xenial espazo de xogo con brinquedos tradicionais. Pequenos e maiores compartirán momentos máxicos, bailando, xogando…disfrutando.
Ce Orquestra Pantasma en feiras, festivais e romerías.
A Orquestra Pantasma consigue transportarnos aos tempos en que nas nosas festas mais arraigadas todos eran partícipes e creadores do divertimento, quedando a pasividade practicamente desterrada do campo da festa: home orquestra e público fúndense nun so bloque logrando un clima único en cada ocasión.
