Desta volta temos o pracer de participar, como veciños, na organización dunha festa das que deixan pouso, unha festa con visión de futuro e transformadora de realidades e ambientes. Trátase dunha festa diferente, saíndo da clasica programación de festas, convertindo a creación de vida nun acto lúdico de celebración da esperanza e do cambio. Do cambio dun monte queimado, no que duránte décadas, practicamente o que había eran eucaliptos e piñeiros, cara a creación dun bosque autóctono. Sabemos que será unha tarefa longa, e ata pode ser que moitos de nos nin sequera o vexamos, máis pensar nesa posibilidade, ata da certo gusto pensalo. Que viva a Festa Tiralandras.

Menú