Dende Miudiño S.Coop Galega, estamos na procura de colaboración para o  financiamento de  A VOAR,  próximo conto-disco de música infantil de Cé orquestra pantasma. Para isto damos a posibilidade de poder mercalo por anticipado antes de que saia á rúa o 30 de novembro, cun prezo rebaixado de 18,00€ a 15,00€. Ademais, como agasallo de anticipo, mandarémosche unha canción incluída no disco.

Os  libros enviaranse aos lugares indicados na semana do 5 de decembro por correo postal.

Se queres que o libro vaia dedicado podes indicárnolo,  xunto ao nome ou facer a suxestión que precises, no cadro para notas habilitado na tenda on-line no momento de facer a compra.

Mais info en https://miudinho.gal/producto/a-voar/

MOITISÍMAS GRAZAS E….A VOAR!!!

Menú