Onte luns foi unha xornada extrordinaria. Logo dun ano agardando este momento, por fin saímos ao monte co Grupo de Xogo na Natureza e Aire Libre. Non fomos ao lugar chamado “A Regueira”, se non que acordamos mellor comezar  na “Do Misto”, un sitio onde enfrentados están carballos con eucaliptos e no medio hai unhas boas barrigas de granito. Alí merendamos, subimos aos penedos, descubrimos coviñas e camisas de serpe, arrincamos eucaliptos e sementamos castañas, unha vella do lugar contou algunha que outra historia improvisada, un veciño afreceu a súa finca no monte para que vaiamos brincar nela, e no solpor, cando xa poucos alí quedabamos, no lugar chamado “Do Misto”, puidemos ver se naqueles penedos eramos quen de atopar algún petroglifo.

Como cada quince días os luns, seguiremos a sair a gozar da natureza e a brincar en liberdade.

Grazas ás familias e veciños que nos acompañastes, foi unha tarde marabillosa!!

Menú