Alicornio

30,00 IVE incl.

O Alicornio Miudiño é un fermoso unicornio elaborado artesanalmente, con corpo de algodón, recheo de lá natural cardada e crin de lá natural tinguido artesanalmente con tinturas naturais por  Veilavén Artesanía. Os ollos son de madeira, o cabestro de cordel de cáñamo e o pau de poda.

Esgotado

SKU: 2101053 Categoría:

O Unicornio ou Alicornio é un animal con figura de cabalo e un só corno na fronte.

É veloz e valoroso. O unicornio ama a pureza, atraendo a boa sorte e afastando o mal. É un mito case universal, existente en toda Europa e Asia.*

*Texto extraído de: Cuba, Xoán R./ Reigosa, Antonio/ Miranda. Xosé (1999): Diccionario dos seres míticos galegos (ps.30,245) (Vigo:Xerais).

Medidas da boneca: 125 cm de alto

Idade recomendada: +2 anos

Referencia: 210106

¿Tes algunha pregunta sobre o boneco? ¡Fala connosco!

Envío gratis a partires de 100€

Os envíos para a Península e Baleares son totalmente gratuitos en pedidos superiores a 100€.

Entregas na Península e Baleares – 5€

Se dispoñemos do artículo en stock, o envío realízase por paquetería urxente con MRW, nun prazo de 24-48 horas.
Se realizas o teu pedido durante un fin de semana ou día festivo, tramítase ao seguinte día laborable. No caso de realizar o pago por transferencia bancaria, o envío tramítase unha vez recibimos o xustificante de pago.

Para máis información sobre envíos, devolucións e outras dúbidas, consulta a páxina de Envíos