Benestar emocional, natureza e xogo
Creamos espazos, experiencias e recursos para vivir mellor
Somos unha cooperativa galega sen ánimo de lucro. Desde 2015 unimos psicoloxía social, educación ambiental, artesanía e cultura para promover o benestar das persoas e dos lugares que habitamos.
Un proxecto único para persoas e contornas
En Miudiño entendemos que o benestar das persoas está directamente relacionado coa saúde dos espazos, as comunidades e a natureza que nos rodea.
Por iso reunimos coñecementos e formas de facer moi diferentes para deseñar propostas útiles, rigorosas e adaptadas a cada realidade.
Transformamos espazos, creamos experiencias, compartimos coñecemento e desenvolvemos recursos que convidan a xogar, descubrir, participar e coidar.
MIUDIÑO
Que facemos

Espazos para o benestar
Transformamos patios, xardíns e zonas comúns en lugares máis naturais, inclusivos e preparados para acompañar a vida das persoas.

Experiencias educativas e culturais
Levamos o xogo, a creatividade, os contos e a educación ambiental a centros educativos, eventos, festas e espazos comunitarios.

Formación e acompañamento
Compartimos coñecemento e acompañamos equipos, profesionais e familias que queren transformar os seus espazos, prácticas e formas de coidar.

Xogo e lectura
Creamos e seleccionamos xoguetes, libros e recursos que favorecen o xogo libre, a curiosidade, a relación coa natureza e a cultura galega.

Áreas de xogo para a infancia
Espazos que escoitan á infancia
Os patios e as áreas de xogo tamén educan. Poden favorecer a inclusión, a convivencia, o benestar emocional, o contacto coa natureza e unha maior diversidade de experiencias ou, pola contra, limitar o xogo a unhas poucas posibilidades.
A través de Patios Vivos, acompañamos as comunidades educativas na creación de espazos máis naturais, participativos e adaptados ás necesidades reais da infancia.
Podemos intervir en diferentes fases do proceso: formación, análise de necesidades, codeseño, proxecto técnico, naturalización, fabricación de equipamentos e instalación.
filosofía
O que buscamos transformar
Benestar emocional
Creación de espazos verdes sostenibles e esteticamente agradables que promoven a biodiversidade e a calma.
Inclusión e convivencia
Talleres e programas para nenos e adultos que fomentan o respecto polo medio ambiente e a conciencia ecolóxica.
Natureza e patrimonio
Achegamos as persoas ao territorio, á cultura e aos saberes que forman parte da identidade galega.
Participación e comunidade
Traballamos desde a escoita, a cooperación e a implicación das persoas que van habitar cada experiencia ou espazo.
Tes un espazo, unha necesidade ou unha idea entre mans?
Cada proxecto comeza nun punto diferente. Cóntanos que necesitas e axudarémosche a atopar a proposta máis adecuada.
proceso
Como traballamos
Escoitamos
Coñecemos a realidade, as necesidades e as persoas que forman parte do proxecto.
Deseñamos e creamos
Adaptamos a proposta, combinando coñecemento técnico, experiencia e recursos propios.
Acompañamos
Axudamos a poñela en marcha e a convertela nunha experiencia ou transformación útil e duradeira.

desde 2015
Máis dunha década sementando posibilidades
- Cooperativa galega sen ánimo de lucro
- Un equipo cunha misión compartida
- Artesanía de Galicia
- Experiencia técnica, educativa, social e cultural
- Traballo en rede e compromiso coa economía social
Unha tenda con criterio propio
Na tenda de Miudiño atoparás xoguetes, libros e recursos creados por nós ou seleccionados persoalmente polo equipo. Escollemos produtos pola súa calidade, utilidade, durabilidade e afinidade cunha forma de entender o xogo, a educación, a natureza e a cultura.
Non sabes por onde comezar?
Explícanos brevemente que necesitas. Escoitarémoste e orientarémoste cara á proposta que mellor se adapte á túa familia, centro, entidade ou comunidade.











