Garantías

A garantía dos nosos produtos é de dous anos, estando limitada a defectos de fabricación e non de abuso, mal uso, uso indebido ou calquera outro dano que se puidera producir despois de entregada a mercadoría no lugar de destino.

Neste último caso, pasados os seis primeiros meses da compra, e quedando demostrado que foi un abuso, mal uso, uso indebido ou calquera outro dano posterior á compra, cobraremos a reparación, sendo o cliente quen correrá cos gastos de envío totais.

Devolucións

Dispós de  15 días naturais dende que recibes o pedido para devolvelo ou cambialo.

Os pasos a realizar son os seguintes:

  1. Mándanos un correo a [email protected] indicándonos que queres proceder ao cambio/devolución. Mandarémosche un formulario para que nolo reenvíes cumprimentado. Non aceptaremos ningún cambio ou devolución sen esta comunicación previa.
  2. Coloca o artigo ou artigos que queiras devolver na súa embalaxe orixinal. Protéxeo ben para que o produto non sufra danos.
  3. Envíao a:

Miudiño S.Coop.Galega

Estrada de San Xoán, 233. 36315 Freixo.

VIGO, PONTEVEDRA

  1. Unha vez recibamos o paquete e revisemos que todo está ben, enviarémosche un correo electrónico de confirmación e che devolveremos o diñeiro de inmediato ou procederemos a efectuar o cambio por outro produto.
  2. Os gastos de envío da devolución correrán ao teu cargo, agás nos produtos devoltos ou cambiados por defectos de fabricación ou erro pola nosa parte.
  3. Non aceptaremos envíos a portes debidos.
Menú