Xoguetería artesanal e sostible

Xoguetes creados para xogar de verdade

Deseñamos e fabricamos xoguetes artesanais que convidan ao movemento, á experimentación, á imaxinación e ao encontro con outras persoas.

Traballamos principalmente con madeira, téxtiles e materiais naturais para crear pezas duradeiras, útiles e conectadas co xogo tradicional e coa cultura galega.

Somos un taller recoñecido por Artesanía de Galicia.

Visita a tenda Descarga o catálogo

Artesanía ao servizo do xogo

En Miudiño non entendemos o xoguete como un obxecto que entretén durante uns minutos.

Buscamos crear recursos que poidan acompañar diferentes idades, estimular novas formas de xogar e formar parte da vida diaria de centros educativos, entidades e familias.

Cada peza nace da combinación entre experiencia educativa, coñecemento dos materiais e traballo artesanal.

Máis oportunidades

Que caracteriza a nosa xoguetería?

Deseño propio

Creamos xogos e xoguetes pouco frecuentes no mercado, recuperando propostas tradicionais e adaptándoas a novos usos e espazos.

Materiais naturais

Traballamos con madeira, coiro, corda, algodón, liño, la e outros materiais seleccionados pola súa calidade, resistencia e posibilidades de uso.

Fabricación artesanal

As pezas realízanse no noso propio taller, coidando o deseño, os acabados e a funcionalidade.

Xogo para diferentes persoas

Moitos dos nosos xoguetes poden ser utilizados por infancia, persoas adultas e maiores. Algunhas propostas tamén se adaptan a persoas con mobilidade reducida.

Seguridade e durabilidade

Deseñamos e fabricamos atendendo á normativa aplicable e á necesidade de crear produtos preparados para un uso continuado.

Xoguetes con valores

As nosas creacións buscan poñer en valor:

O xogo libre

A cultura e o patrimonio galego

A autonomía

A proximidade y durabilidade

A creatividade

O uso consciente dos materiais

A cooperación

Saúde das persoas e da contorna

Non buscamos encher os espazos de obxectos, senón ofrecer boas ferramentas para xogar, relacionarse e descubrir.

Buscas xoguetes para un centro ou unha entidade?

Traballamos especialmente con centros educativos, concellos, asociacións e outras organizacións que necesitan recursos resistentes, versátiles e adaptados ao seu espazo.

Podemos orientarvos segundo:

  • As idades e características das persoas usuarias.
  • O tipo de xogo que se quere favorecer.
  • O espazo dispoñible.
  • O uso interior ou exterior.
  • As necesidades de instalación.

O orzamento do proxecto.

Descarga o catálogo

proceso

Do deseño á peza final

Partimos dunha necesidade

Analizamos o uso, o público e o contexto no que se utilizará o xoguete.

Deseñamos

Creamos propostas propias ou adaptamos medidas e características cando o proxecto o require.

Fabricamos

Traballamos cada peza no noso taller artesanal, seleccionando os materiais e acabados adecuados.

Entregamos ou instalamos

Segundo o produto, podemos encargarnos do transporte, da montaxe e da instalación no espazo.

Artesanía de Galicia

Miudiño é un taller artesán recoñecido por Artesanía de Galicia co número 11410.

Este recoñecemento pon en valor o traballo manual, o coñecemento do oficio e a produción de proximidade que están detrás de cada unha das nosas creacións.

Descubre a xoguetería de Miudiño

Explora os nosos produtos na tenda ou solicita o catálogo para coñecer as posibilidades dispoñibles para centros, entidades e familias.

Ir á xoguetería Recibir o catálogo