


Espazos que coidan das persoas
Espazos saudables e xardinería terapéutica
Transformamos zonas interiores e exteriores de residencias, centros de día e outras entidades sociais en contornas máis naturais, acolledoras e útiles para a vida cotiá.
Combinamos psicoloxía, xerontoloxía, paisaxismo e coñecemento técnico para crear espazos que favorezan o benestar emocional e faciliten o traballo dos equipos profesionais.
Cada proxecto parte das necesidades reais do centro e das persoas que o habitan.

Cando o espazo tamén forma parte do coidado
As zonas comúns, os xardíns e os espazos de paso inflúen en como as persoas se orientan, se relacionan, descansan e participan nas actividades do centro.
Un espazo pouco aproveitado pode converterse nun lugar para:
- Atopar calma.
- Manter o contacto coa natureza.
- Desenvolver actividades terapéuticas.
- Estimular os sentidos.
- Compartir tempo con outras persoas.
- Mellorar a experiencia diaria de residentes e profesionais.
Non buscamos simplemente decorar: deseñamos espazos funcionais que poidan integrarse no traballo habitual do centro.
Unha proposta adaptada a cada realidade
Podemos intervir tanto en espazos exteriores como interiores:
Xardíns e patios
Espazos de descanso
Terrazas
Áreas para actividades terapéuticas
Zonas comúns
Recunchos naturais dentro do edificio
O proxecto pode centrarse nunha zona concreta ou abordar unha transformación máis ampla.
A proposta adáptase ao tipo de centro, ás persoas usuarias, ao equipo profesional e aos recursos dispoñibles.
NATUREZA E COIDADO
Beneficios para as persoas e os equipos
Máis contacto coa natureza
Incorporar novas posibilidades permite que cada neno e nena atope espazos acordes cos seus intereses, ritmos e capacidades.
Espazos de calma e benestar
Unha contorna máis acolledora pode favorecer o descanso, a orientación e unha mellor adaptación á vida diaria do centro.
Novos recursos para o traballo profesional
Os espazos poden deseñarse para apoiar o labor de terapia ocupacional, psicoloxía e outras áreas de atención.
Maior participación
A xardinería e o coidado dos espazos poden converterse en actividades compartidas, adaptadas ás capacidades e intereses das persoas usuarias.
Mellor aproveitamento das instalacións
Zonas pouco utilizadas poden transformarse en lugares funcionais, vivos e conectados co proxecto asistencial do centro.
Falamos das necesidades
do voso centro?
Nunha primeira conversa coñeceremos o espazo, as persoas que o utilizan e o tipo de actividades que desenvolve o equipo profesional.
A partir de aí poderemos orientarvos sobre as posibilidades do proxecto.
Que pode incluír o proxecto?
Segundo as necesidades da organización, a proposta pode incorporar:
- Análise dos espazos e das necesidades do centro.
- Participación dos equipos profesionais.
- Proceso de codeseño.
- Proxecto paisaxístico.
- Desenvolvemento técnico.
- Naturalización de interiores e exteriores.
- Creación de zonas de calma ou actividade.
- Equipamentos e elementos a medida.
- Execución e instalación.
- Orientación para o uso dos novos recursos.
Cada intervención definirase de maneira personalizada segundo as necesidades da organización.

proceso
Como traballamos
Escoitamos
Falamos co equipo para comprender como funciona o centro, que necesidades detecta e que uso quere dar ao espazo.
Analizamos e deseñamos
Estudamos a contorna e elaboramos unha proposta que combine funcionalidade, natureza, benestar e viabilidade técnica.
Desenvolvemos o proxecto
Definimos a intervención paisaxística e técnica, os recursos necesarios e a posible execución por fases.
Axudamos a
aproveitar o resultado
Acompañamos o equipo para que os novos espazos poidan integrarse nas actividades e dinámicas habituais do centro.

Experiencia social, paisaxística e técnica
Esta liña de traballo nace da unión de diferentes traxectorias:
- Experiencia en psicoloxía social e xerontoloxía.
- Coñecemento acumulado na transformación de patios e espazos comunitarios.
- Paisaxismo e botánica.
- Oficina técnica.
- Deseño e fabricación de recursos propios.
- Traballo adaptado ás necesidades de cada organización.
Esta combinación permítenos abordar o espazo de forma integral, tendo en conta ás persoas usuarias e aos equipos que as acompañan.
Comecemos por coñecer o espazo
Se tedes un xardín, unha terraza ou unha zona interior que podería
ofrecer máis posibilidades, falamos para valorar como transformala.
