


Espazos de xogo itinerantes
Levamos o xogo alí onde sucede a vida
Creamos espazos efémeros de xogo libre para centros educativos, festas, festivais e encontros comunitarios.
Miudiño encárgase do transporte, a montaxe, a organización dos materiais e o acompañamento do espazo, adaptando cada proposta ao lugar, ao número de participantes e ao tipo de evento.

Un espazo para xogar, descubrir e compartir
Os espazos de xogo itinerantes permiten transformar temporalmente unha praza, un patio, un festival ou un centro cultural nun lugar aberto á curiosidade e á participación.
Non propoñemos unha actividade dirixida cun único resultado. Preparamos o ambiente, ofrecemos os materiais e deixamos que cada persoa descubra como quere xogar.
Son experiencias interxeracionais que favorecen o encontro entre infancia, familias e comunidade.
Que facemos
Dúas formas de vivir o xogo

Xogando Miudiño
CREACIÓN · NATUREZA · +6 ANOS
Un espazo de xogo libre arredor da xoguetería tradicional. Inclúe propostas de habilidade, puntería, equilibrio, desprazamento, xogo simbólico, vehículos e xogos de mesa.
O xogo tradicional convértese en novidade para a infancia e nun lugar de reencontro para persoas adultas e maiores.
Está especialmente recomendado a partir dos seis anos, aínda que a súa diversidade permite a participación de diferentes xeracións.

Terra
EXPLORACIÓN · NATUREZA · PRIMEIRA INFANCIA
Un espazo de exploración e xogo libre con materiais naturais non estruturados, especialmente pensado para a primeira infancia.
Madeiras, cortizas, paus, pedras, tecidos e outros elementos poden transformarse en construcións, percorridos, pequenos mundos ou xogos simbólicos.
Non existe unha única forma correcta de utilizar os materiais. O espazo cambia continuamente segundo os intereses e a imaxinación das persoas participantes.
XOGO E ENCONTRO
Que achegan estes espazos?
Xogo libre e autonomía
Propomos contornas seguras onde cada nena e neno elixe o seu propio camiño. Fomentamos a decisión propia, o tempo sen présas e o desenvolvemento natural.
Creatividade e exploración
Materiais abertos e versátiles que espertan a curiosidade e o descubrimento. Transformamos a imaxinación en experiencia viva a través da libre manipulación .
Novas formas de xogar
Entendemos o xogo tradicional como a nova forma de xogar e construír o futuro. Unha ollada que recupera a esencia máis pura e esencial do lecer, sen artificios nin pantallas.
Encontro interxeracional
O xogo como ponte que conecta a nenas, nenos, familias e maiores. Espazos comunitarios deseñados para compartir momentos, recordos e aprendizaxes entre diferentes xeracións.
Flexibilidade e adaptación
Desprázamonos a calquera contorna, transformando prazas, pavillóns, colexios ou festas ou festivais. Adaptamos as nosas instalacións ás necesidades específicas de cada evento, espazo ou comunidade.
Xogo coidado e participativo
Deseños conscientes onde a escoita, o respecto e o benestar están no centro. Promovemos dinámicas cooperativas onde cada persoa atopa o seu lugar de forma segura e inclusiva.
Estás organizando unha actividade ou evento?
Cóntanos a data, o lugar e o público previsto. Axudarémosche a identificar que espazo pode adaptarse mellor á programación.
Para centros, entidades e programacións culturais
Os espazos poden contratarse para:
- Centros educativos.
- Festas escolares e actividades de ANPA.
- Concellos.
- Asociacións culturais e veciñais.
- Comunidades de montes.
- Centros cívicos.
- Festas e festivais.
- Programacións culturais.
- Actividades de educación, cultura ou normalización lingüística.
Poden instalarse en interior ou exterior, sempre que o lugar reúna as condicións necesarias.

proceso
Como funciona?
Cóntanos a proposta
Indícanos o lugar, a data, a duración aproximada e o número de participantes previsto.
Valoramos o espazo
Revisamos as dimensións, o acceso, as condicións da localización e a modalidade máis adecuada.
Preparamos a experiencia
Transportamos os materiais e realizamos a montaxe e organización do espazo.
Acompañamos o xogo
O equipo de Miudiño xestiona os materiais, ofrece as indicacións necesarias e coida o funcionamento xeral da proposta.

Información práctica
- As actividades adoitan desenvolverse en franxas de entre dúas e catro horas.
- Poden adaptarse a espazos interiores ou exteriores.
- A proposta e o número de persoas do equipo axústanse á participación prevista.
- Miudiño non realiza custodia de menores.
- En actividades familiares, os nenos e nenas deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable.
- O orzamento dependerá da duración, do número de participantes, das necesidades do espazo e do desprazamento.
O dosier recolle con maior detalle os materiais, formatos e condicións de cada proposta.
Levamos o xogo ao voso espazo
Solicita información para comprobar a dispoñibilidade e preparar
unha proposta adaptada ao voso centro, festa ou evento.
