Tenda

Xoguetes, libros e recursos seleccionados con criterio

Descubre produtos creados por Miudiño e propostas doutros proxectos seleccionadas persoalmente polo noso equipo pola súa calidade, utilidade e afinidade coa nosa forma de entender o xogo, a educación, a natureza e a cultura.

Categorías

Creado ou seleccionado por Miudiño

Nas fichas de produto poderás identificar:

Creado por Miudiño

Deseñámolo e producímolo nós. Son as pezas que saen do noso obradoiro, pensadas dende o principio para durar, para pasar de mans e para acompañar o xogo sen dirixilo.

Seleccionado por Miudiño

Non o fixemos nós, pero escollémolo un por un. Son propostas doutros proxectos que nos gustaría ter feito: entran na tenda pola súa calidade, pola súa utilidade e por compartir a nosa forma de entender o xogo, a educación, a natureza e a cultura.

Non sabes por onde comezar?

Explícanos brevemente que necesitas. Escoitarémoste e orientarémoste cara á proposta que mellor se adapte á túa familia, centro, entidade ou comunidade.