Creado ou seleccionado por Miudiño
Nas fichas de produto poderás identificar:
Creado por Miudiño
Deseñámolo e producímolo nós. Son as pezas que saen do noso obradoiro, pensadas dende o principio para durar, para pasar de mans e para acompañar o xogo sen dirixilo.
Seleccionado por Miudiño
Non o fixemos nós, pero escollémolo un por un. Son propostas doutros proxectos que nos gustaría ter feito: entran na tenda pola súa calidade, pola súa utilidade e por compartir a nosa forma de entender o xogo, a educación, a natureza e a cultura.































