Educación Ambiental

O decatarnos que só mediante o coñecemento da natureza poderemos chegar a vivir en harmonía

Revive Vieiros

Galiza está chea de lugares marabillosos pero nós témoslle un aprezo especial a Serra do Courel, polas súas fermosas e cambiantes paisaxes, pola riqueza do seu patrimonio etnográfico e natural, polas xentes vellas e novas que nel habitan…con REVIVE Vieiros invitámosvos a coñecer, de xeito ameno e participativo, a vida e o entorno dunha pequena aldea do Courel.

Percorridos Interpretativos

  • Temática principal: etnográfica e xeolóxica.
  • Lonxitude: 2.5 Qm
  • Dificultade: media
  • null
    70 min.
  • null
    Exterior
  • null
    Todos os públicos
  • Temática principal: etnográfica.
  • Lonxitude: 900 m
  • Dificultade: baixa
  • null
    50 min.
  • null
    Exterior
  • null
    Todos os públicos
  • Temática principal: etnográfica, botánica e xeolóxica.
  • Lonxitude: 2.7 Qm
  • Dificultade: media
  • null
    80 min.
  • null
    Exterior
  • null
    Todos os públicos

Actividades Demostrativas

Coñeceremos todos os segredos do pan de Vieiros, participaremos da posta en funcionamento dalgún dos fornos tradicionais da aldea, visitaremos o muín e realizaremos os procesos  necesarios para chegar a sentir… que o aire sabe a pan.

  • null
    180 min.
  • null
    Interior / Exterior
  • null
    Todos os públicos

Muíños hai moitos…pero non todos tan listos coma este, realizaremos unha recreación do proceso de moído tradicional, coñeceremos o rexurdir do vello muín comunal e descubriremos as sorpresas ocultas que agocha o lugar no que se atopa.

  • null
    120 min.
  • null
    Interior / Exterior
  • null
    Todos os públicos

Elaboraremos xabón empregando sinxelos ingredientes, comprobaremos que para lavar hai que ser valentes e fortes, finalmente descubriremos que as mulleres da aldea, con lousa e madeira conseguían trocar o negro en branco.

  • null
    120 min.
  • null
    Interior / Exterior
  • null
    Todos os públicos

Xornada Vieiros

Combinación de actividades demostrativas e percorridos interpretativos a elixir entre os dispoñibles, para mergullarse plenamente no “espírito Vieiros”.

  • null
    Mínimo 180 min.
  • null
    Interior / Exterior
  • null
    Todos os públicos

Contacontos

Queremos recuperar a tradición dos contadores de historias; aqueles que co emprego da palabra coma elemento poderoso son quen de potenciar unha escoita activa, curiosidade e abraio ante a fascinación e grandeza da natureza.

Explicación do proceso cooperativo de creación do libro “ Os nosos bosques”, e dinámicas de xogo con materiais extraídos do libro, que permiten profundizar no coñecemento e asimilación da variada flora e fauna que nos rodea.

  • null
    60 min.
  • null
    Interior / Exterior
  • null
    5-12 anos

Lectura dinamizada con marionetas, do fermoso conto de Tim Bowley ilustrado por Inés Vilpi, que nos introduce no proceso vital dunha semente e nas mil e unha dificultades que ten que superar para chegar a ser unha gran árbore.

  • null
    20 min.
  • null
    Interior / Exterior
  • null
    3-8 anos

Mediante a dramatización e adaptación dun conto de Jean Giono, mostrase a importancia das árbores para a vida no planeta Terra e para a nosa saúde. Faise especial fincapé en poñer en valor as actitudes altruistas e a recompensa polo esforzo e a perseverancia nel.

  • null
    30 min.
  • null
    Interior / Exterior
  • null
    3-12 anos

A divertida e tola historia de Amieiro, “a árbore cansina”, que disconforme co seu aspecto, busca parecerse a unha árbore de nadal. A través do conto vanse interiorizando diferentes características dos amieiros que axuden a súa posterior identificación.

  • null
    30 min.
  • null
    Interior / Exterior
  • null
    5-12 anos

Obradoiros

Xa que non hai mellor aprendizaxe que a vivencial, a través dos obradoiros as nenas e nenos participantes, poderán levar a cabo cas súas mans actividades que nunca esquecerán.

Empregando materiais de refugallo aportados polos asistentes e sementes autóctonas, aprenderemos entre risas, que pasos son os correctos para crear e manter o noso propio viveiro de árbores autóctonas.

  • null
    30-60 min.
  • null
    Exterior
  • null
    3-12 anos

Acercarémonos a espazos afectados polos lumes, para participar na súa recuperación mediante a correcta plantación de arboriñas autóctonas.

  • null
    60-90 min.
  • null
    Exterior
  • null
    3-12 anos

Os anacos de natureza que podemos atopar nun bosque son excelentes creadores de sons, mediante o emprego de sinxelas ferramentas manipularemos diferentes elementos naturais ata escoitar a “música das árbores”.

  • null
    60 min.
  • null
    Interior / Exterior
  • null
    8-12 anos

Un chef moi elegante, amosará a súa receita perfecta para facer xabón, empregando o aceite usado aportado polos asistentes e outros elementos reutilizados.

  • null
    60 min.
  • null
    Interior
  • null
    8-12 anos

Aprenderemos a facer papel reciclado e realizaremos uns fermosos marcapáxinas con formas de follas de árbores autóctonas.

  • null
    60 min.
  • null
    Interior
  • null
    8-12 anos

Percorridos Interpretativos

E para un día de excursión nada mellor que unha boa explicación! E así descubrir experimentando, xogando e desfrutando con todos os sentidos, os espazos naturais agochados ao noso arredor.

A través de diferentes xogos e dinámicas, irase profundizando no coñecemento dun ecosistema tan próximo, ameazado e descoñecido como son as nosas carballeiras.

  • null
    45-90 min.
  • null
    Exterior
  • null
    3-12 anos

Percorrido no que iremos descubrindo os diferentes seres vivos que atopamos nas ribeiras, aprenderemos a diferenciar algúns deles i comprobaremos a calidade das súas augas.

  • null
    45-90 min.
  • null
    Exterior
  • null
    6-12 anos

Percorrido e actividades experimentais polo litoral, coñecendo os seus valores florísticos, faunísticos, xeolóxicos i etnográficos.

  • null
    90 / 120 min.
  • null
    Interior / Exterior
  • null
    8-12 anos

Paseo e actividades experimentais por areas afectadas por lumes, descubrindo as especies pirófitas e os seus efectos sobre o chan e sobre os animais e as plantas autóctonas. Mediante as dinámicas e accións crease un espazo de reflexión e actuación para mellorar o aprezo polas nosas masas forestais.

  • null
    90 min.
  • null
    Exterior
  • null
    8-12 anos

Percorridos nos arquipélagos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, mostrando a súa riqueza natural e fomentando un desfrute saudable do único Parque Nacional galego.

  • null
    90 / 120 min.
  • null
    Exterior (calquer arquipélago do PNMT iIlas atlánticas de Galicia)
  • null
    6-12 anos

Horta Escolar

Fonte inesgotable de experiencias e aprendizaxes, na que a continuidade de séculos de esforzo cooperativo e bo saber, axuda a obter saborosos resultados. Pero que require dun traballo constante e ben temporizado, que sen apoio externo en ocasións é complicado manter.
– Deseño e realización da horta.
– Dinamización e mantemento de apoio do espazo de horta ao longo do período lectivo.

  • null
    50 min.
  • null
    Exterior
  • null
    3-12 anos

Descarga o Dosier de Educación Ambiental

Diego en acción!

Tes algunha pregunta? Fálanos! Estaremos encantados de axudar