Patios Vivos Miudiño

Patios de socialización, aprendizaxe e xogo libre.

Renaturalización e enriquecemento das propostas de xogo nos espazos exteriores fan que poidamos embarcarnos nesta travesía de cambio educativo, apoiándonos na Psicoloxía e na Educación Ambiental.

Formación para docentes e familias

A transformación dun patio é froito do soñar en común da comunidade educativa, e a formación é un paso estupendo para facer dos soños realidade. O noso obxectivo principal é dar ferramentas, coñecemento e propostas que poidan aliar á comunidade educativa a prol do cambio de mirada, con empatía, diálogo e escoita activa.

*posibilidade de colaboración con CFR e CAFI

Cursos

Proxectos Patios Vivos

Adaptándonos ás necesidades de cada comunidade educativa, proporcionamos diferentes servizos que poden ser de interese para a redacción e/ou execución do proxecto de modificación do patio.

  • Orientación e guía do proceso: Sesións individualizadas, virtuais ou presenciais, para as comunidades que desexen redactar por si mesmas o proxecto de modificación do patio.
  • Anteproxecto Patio Vivo Miudiño: Documento que inclúe o proposta de espazos de xogo adaptados ao terreo dispoñible e zonas a renaturalizar.
  • Proxecto Patio Vivo Miudiño: Documento técnico que inclúe elementos de xogo do noso catálogo e vexetación a incorporar no patio. Posibilidade de complementar co servizo de inspección anual e mantemento dos elementos de xogo.

Catálogo de equipamentos de xogo

Mobiliario e elementos de xogo feitos en madeira, de xeito artesanal, que dan vida aos espazos de xogo propostos. Buscamos dar respostas naturais ás necesidades de movemento, experimentación e socialización da cativada, na procura de contornas saudables nas que desenvolver o xogo.

  • Os equipamentos de xogo Miudiño cómpren a normativa vixente (UNE-EN- 1176 e Decreto 245/2003 Xunta de Galicia).
  • Cada elemento é froito dun traballo artesanal de elaboración e deseño propio, polo que cada elemento é único.
  • As madeiras e materiais empregados están especialmente escollidos para emprego en exterior.
  • O catálogo aínda non o temos dispoñible na web. Se tes interese en coñecelo, contacta connosco.

Contornas saudables para unha nova realidade.

Tes algunha pregunta? Fálanos! Estaremos encantados de axudar

Menú