Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Obradoiros
Argallando: Creación libre
Obradoiro de liberdade absoluta onde cada quen decide que, como, canto e para que. Grazas á manipulación de gran cantidade de materiais naturais e orgánicos e ao emprego de ferramenta real, os partícipes poden transformar, modificar e crear libremente.
Nenos e nenas entréganse á causa, e sendo donos do seu tempo e corpo, son quen de facernos reflexionar sobre a necesidade de confianza e asunción de riscos para o seu desenvolvemento e diversión.
Xoguetes sonoros
Obradoiro de Xoguetes sonoros: O apaixoante mundo dos instrumentos musicais non escapa ao reemprego de materiais e obxectos cotiás, procurando a musicalidade a través de recursos tanto naturais (canas, noces, avelás…) coma de refugallo ( chapas, tubos caixas…) para transformalos en verdadeiros instrumentos musicais. Algúns instrumentos a construír son o mirlitón, o reque reque, o bate bate, o carrizo ou o sistro.
Nenos e nenas orquestra
Obradoiro de aprendices de nenos e nenas orquestra: Obradoiro para aqueles nenos e nenas que queren ter a experiencia de crear e tocar varios instrumentos a un tempo, igualiño que se foran homes ou mulleres orquestra de verdade. Instrumentos de percusión nun pé e nunha man, e na outra instrumento para tocar coa boca e facer a melodía.
Tocadores de folla
Obradoiro de tocadores de folla: Foi dos nosos vellos de quen aprendemos este singular xeito de facer música, agora tócanos a nos seguir o camiño andado para non perder semellante habilidade musical.