Espazos de xogo

¿Brincamos?

Espazos de xogo libre facilitadores da curiosidade, calma e tranquilidade necesarias para fluír libres e sans

Xogando Miudiño

Espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais.

Un espazo de xogo que ofrecemos en aluguer con monitor, para festas, festivais, romarías, festas históricas… Nel atoparás brinquedos clásicos neste tipo de espazos como: zancos, aros, a ferradura, tiracoios, construcións…nos imos un pouco máis aló.

En “Xogando Miudiño” hai un espazo bebés con mantas de abanear, carriños, cabaliños de balanzo… un espazo de brinquedos sonoros para a exploración musical, un espazo de medios de locomoción e outros pequenos xoguetiños cos que seguro non has quedar indiferente.

Terra

Espazo de xogo con material natural non estruturado.

Terra é un paso máis na nosa concepción do xogo. Ficamos abraiados  polas múltiples posibilidades do material natural non estruturado (pólas, liscos de madeira, pedras, cana…) e todo o beneficio que o seu emprego supón  para as creativas cabeciñas dos nosos cativos. O espazo é sempre o mesmo…pero nunca é igual: en cada evento cobra unha nova vida, que os nenos se encargan de lle dar.

Este espazo de xogo ofrécese en aluguer con monitor, para festas, festivais, romarías, festas históricas…

Voa, Voa!

Espazo de xogo libre arredor da arte de voar.

Entre paxaros de arame que se converten en bochas de xabón, avións de papel e madeira, helicópteros, hélices, paracaídas, paxaros e os seus niños, alas para vestir e botarse a voar e moitos outros artefactos máis, Voa,Voa! convértese no momento e espazos perfectos para botar a voar a imaxinación: a experimentar co vento, brincar co ar e deixarse levar polo fascinante mundo da arte de voar.

Este espazo de xogo ofrécese en aluguer con monitor.

A Brincar

Espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais e creativos.

A diversidade do material ofertado permite brincar, experimentar e gozar, poñer a proba habilidades de puntería, equilibrio, velocidade ou estratexia con diferentes xogos e xoguetes que van mudando para poder explorar novas posibilidades de xogo.

Este espazo de xogo ofrécese en aluguer con monitor.

Descarga o Dosier de Espazos de xogo

Coñece os Espazos de xogo

Tes algunha pregunta? Fálanos! Estaremos encantados de axudar