Miudiño ofrece obradoiros para nenos, nenas, vellos, vellas
Miudiño ofrece obradoiros para nenos, nenas, vellos, vellas e para todos aqueles que queiran poñer ao alcance das súas mans a creación de brinquedos tradicionais e a experimentación sonora con elementos naturais.
Creación libre de brinquedos
Obradoiro de creación libre de brinquedos: bonecos, vehículos… a partir de diferentes elementos naturais: poliñas, bugallos, follas, noces, abelás, miga de pan, vimbios, carozos, cunchas, cana do país, follaco de espiga, teas, cortiza, cartón, fíos de lá, piñas, pataquiñas, castañas, casqueiro de piñeiro e sobreira…
Xoguetes sonoros
Obradoiro de Xoguetes sonoros: O apaixoante mundo dos instrumentos musicais non escapa ao reemprego de materiais e obxectos cotiás, procurando a musicalidade a través de recursos tanto naturais (canas, noces, avelás…) coma de refugallo ( chapas, tubos caixas…) para transformalos en verdadeiros instrumentos musicais. Algúns instrumentos a construír son o mirlitón, o reque reque, o bate bate, o carrizo ou o sistro.
Nenos e nenas orquestra
Obradoiro de aprendices de nenos e nenas orquestra: Obradoiro para aqueles nenos e nenas que queren ter a experiencia de crear e tocar varios instrumentos a un tempo, igualiño que se foran homes ou mulleres orquestra de verdade. Instrumentos de percusión nun pé e nunha man, e na outra instrumento para tocar coa boca e facer a melodía.
Tocadores de folla
Obradoiro de tocadores de folla: Foi dos nosos vellos de quen aprendemos este singular xeito de facer música, agora tócanos a nos seguir o camiño andado para non perder semellante habilidade musical.
Xogo e aprendizaxe en familia
Conxunto de Obradoiros de Crianza e Educación Emocional:
Considerando a importancia vital da familia no desenvolvemento dos nenos comezamos a ofrecer unha serie de obradoiros presenciais, nos que a parola adulta é acompañada por estupendos espazos de xogo para goce dos nenos.