Garantías e Devolucións
Garantías
A garantía dos nosos produtos é de dous anos, estando limitada a defectos de fabricación e non de abuso, mal uso, uso indebido ou calquera outro dano que se puidera producir despois de entregada a mercadoría no lugar de destino.
Neste último caso, pasados os seis primeiros meses da compra, e quedando demostrado que foi un abuso, mal uso, uso indebido ou calquera outro dano posterior á compra, cobraremos a reparación, sendo o cliente quen correrá cos gastos de envío totais.
Devolucións
Dispós de 15 días naturais dende que recibes o pedido para devolvelo ou cambialo.
Os pasos a realizar son os seguintes:
- Mándanos un correo a [email protected] indicándonos que queres proceder ao cambio/devolución. Mandarémosche un formulario para que nolo reenvíes cumprimentado. Non aceptaremos ningún cambio ou devolución sen esta comunicación previa.
- Coloca o artigo ou artigos que queiras devolver na súa embalaxe orixinal. Protéxeo ben para que o produto non sufra danos.
- Envíao a:
- Miudiño S.Coop.Galega
Estrada de San Xoán, 233. 36315 Freixo
Vigo, Pontevedra
- Unha vez recibamos o paquete e revisemos que todo está ben, enviarémosche un correo electrónico de confirmación e che devolveremos o diñeiro de inmediato ou procederemos a efectuar o cambio por outro produto.
- Os gastos de envío da devolución correrán ao teu cargo, agás nos produtos devoltos ou cambiados por defectos de fabricación ou erro pola nosa parte.
- Non aceptaremos envíos a portes debidos.