O comezo da intervención nos patios é un punto de inflexión grande na comunidade educativa… mais, como facemos para pasar da teoría á práctica? Con calma!!!!
O Blog de Miudiño nace co desexo de motivar un cambio de mirada do mundo adulto cara a necesidade de unir natureza e xogo libre na infancia.
Nel compartimos ideas, recursos e información para xerar debate e dar solución ás inquedanzas máis frecuentes que nos atopamos nestes anos de traballo.
A través da difusión do coñecemento do noso patrimonio cultural e coa base da psicoloxía e a educación ambiental, confiamos en contribuír a que o desexo de ver a nenos e nenas gozar dunha infancia saudable sexa un soño feito realidade.