A Monte

En galego, cando falamos de estar a monte estamos a falar da non intervención humana sobre algo. Da apropiación do espazo-persoa por parte da  Natureza. De medrar na liberdade e nos ritmos da Nai Terra.

E tanto vale para o mundo natural coma para educación da cativada!

Con este concepto tan fantástico, en A Monte, queremos compartir as experiencias, recursos e coñecementos que precisamos para vernos como unha parte máis da natureza e medrar no respecto á vida dos seres cos que compartimos hábitat.

Así falaremos tanto grupos de xogo na natureza e dos equipamentos necesarios coma de educación ambiental e coñecemento do medio.

Anímaste a ter estas vivencias connosco?

Artigos recentes

Pai e fillo subidos abrazados a unha árbore

Adultas, infancia e natureza

Sabemos da necesidade de unir infancia e natureza para un desenvolvemento óptimo das nenas e nenos que criamos e educamos, mais cal é o noso rol como persoas adultas nesta relación?

Na relación adulta-natureza, para nós é importante a reflexión sobre tres conceptos relacionados: o respecto, o disfrute e o coñecemento. Lanzámosvos algunhas cuestións que esperamos que vos axuden a definir onde estades!!!

Ler máis