Cé Orquestra Pantasma

Home Orquestra

Dende o verán de 2008 Cé orquestra pantasma leva percorrendo o mais variado panorama festeiro galego e portugués

Fíos do querer

Espectáculo para meniños e meniñas de 0 a 5 anos.

Acompañados dos seus pais, gozarán de cantigas de primeiras palabras, para abanear, para dar bicos, abrazos, facer palmiñas, o cabaliño…

Espectáculo dividido en dúas partes: unha primeira de música para xogar, cantar e bailar e unha segunda de exploración instrumental con axóuxeres e obxectos sonoros feitos a partir de materiais naturais.

A Voar

Espectáculo infantil para maiores de 3 anos.

Baseado no libro-disco A Voar, e ao son do enerxético ritmo de Cé orquestra pantasma, cóntase e cántase a viaxe da pequena Xoana, xoaniña que movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que a súa vida mudará.

Espectáculo divertido e dinámico, dálle ao público a posibilidade de recuperar o protagonismo activo sobre a súa diversión.

A Voar pretende axudar aos nenos e nenas a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre, así pois, nenos e nenas…a voar!!

O Xogueteiro

Desta volta Cé Orquestra Pantasma da un paso máis aló na súa personaxe, meténdose na pel dun feirante xogueteiro, que entre rimas, música e baile iranos engaiolando cara un mundo marabilloso: o mundo dos xogos e xoguetes Miudiños.

Conservando a alta participación  que caracteriza os seus espectáculos,  no Xogueteiro combínase un  primeiro momento de  música e baile seguido dun xenial espazo de xogo con brinquedos tradicionais.  Pequenos e maiores compartirán  momentos máxicos, bailando, xogando…disfrutando.

Brincadeiras Miudiñas

Creación, xogos e música para todas as idades.

As Brincadeiras Miudiñas son pura diversión: un espazo e un tempo para gozar cantando, bailando, xogando e creando con Cé orquestra pantasma.

Neste espectáculo o home orquestra comparte todo o seu ser: música, obradoiro de creación libre con materiais naturais, xogos e xoguetes tradicionais e da natureza serven de base para lembrar vellas formas de brincar, indispensables para esta vida moderna, querendo recuperar a rúa e o aire libre como espazos principais para o xogo e felicidade das persoas.

Cé Orquestra Pantasma en feiras, festivais e romerías.

A Orquestra Pantasma consigue transportarnos aos tempos en que nas nosas festas mais arraigadas todos eran partícipes e creadores do divertimento, quedando a pasividade practicamente desterrada do campo da festa: home orquestra e público fúndense nun so bloque logrando un clima único en cada ocasión.

Nenos, nenas, vellos e vellas levan gozado a mans cheas das súas propostas polas máis destacadas feiras, festas, festivais e romarías populares do país. Coa música como elemento común, Cé orquestra pantasma ofrece varios formatos individuais ou combinables entre si.

Tes algunha pregunta? Fálanos! Estaremos encantados de axudar

Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.