O proxecto de patio

CEIP Viña Grande -Deiro-

Por que redactar un proxecto de patio?

Moitas veces as comunidades educativas comezan a intervir aos poucos no patio da escola. Isto é algo marabilloso, pero pode derivar en propostas aleatorias, pouco pensadas. Isto pode derivar en que un tempo despois nos arrepintamos, porque nos damos conta que ía mellor outra proposta diferente. Como arranxamos isto? Animándonos a redactar un proxecto de patio.

O proxecto pode ser mais ou menos ambicioso. Mais ou menos grande. Pero sí que recolla as necesidades e desexos do alumnado, profesorado, persoal non docente e familias. Deste xeito podemos propoñer un proxecto único e exclusivo para ese espazo.

Cales son os beneficios?

Cales son algúns beneficios de invertir tempo na redacción dun proxecto? Ter un proxecto permítenos:

Planificar a intervención

O feito de analizar o espazo ao completo danos pé a estruturar ben as solucións propostas. Saber que necesidades temos, como é o noso lugar, que espazos de xogo precisamos, onde incorporar a vexetación. Pensando, iso sí, nun medio prazo: ter na cabeza entre 2 e 3 cursos escolares para ver resultados!

Optimizar os recursos

Cando sabemos o que precisamos aproveitamos moito mellor os agasallos que a vida nos ofrece. Podemos poñer en valor materiais e propostas que doutro xeito poden pasar desapercibidos. Estarmos atentas aos recursos que poden ser útiles pode aforrarnos cartos e esforzos!

Conseguir financiamento

O acceso a programas, premios, subvencións, administración…é moito máis doado cando temos un documento xa pensado e elaborado que presentar. Moito máis se vai redactado por unha comunidade educativa ao completo (non só por unha das súas “patas”)

A transmisión da intervención na comunidade educativa

Ao seren as comunidades educativas comunidades vivas, nas que persoas que a integran cambian con frecuencia é bo ter documentos que sirvan como referencia e meta para toda a comunidade. Coñecendo isto, é moito mellor ten un proxecto aprobado en consello escolar e incorporado ao proxecto educativo de centro. Este feito facilita a comprensión das novas persoas da comunidade. Cada quen pode valorar que aportar e como actuar.

Merece a pena?

Dende Miudiño animámosvos sen dubidar á  redacción de proxecto de patio. Porque sabemos que sí, sí merece a pena. Porque o esforzo, por pequeno que sexa, vai ter resultados. Porque vemos que a intervención en patio é unha escusa fermosa para cohesionar ás comunidades educativas. Porque nenos e nenas van gozar dun espazo mellor no que desenvolverense e medrar. Moito ánimo!

Nunca dubides de que un pequeno grupo de persoas comprometidas poida cambiar o mundo. De feito, é a única cousa que o logrou. MARGARET MEAD

Comparte nas redes

Artigos relacionados

Todos a unha. Foto interxeneracional de puños chocando as cinco.

Quen define o patio?

O comezo da intervención nos patios é un punto de inflexión grande na comunidade educativa… mais, como facemos para pasar da teoría á práctica? Con calma!!!!

Cartel de familias a monte

Familias a monte

Información actualizada a 30/09/2024 Comezamos o curso e o corpo xa pide….ser familias a monte! Non vos parece que xa é hora de calzar botas, preparar a roupa axeitada, poñer…
Pai e fillo subidos abrazados a unha árbore

Adultas, infancia e natureza

Sabemos da necesidade de unir infancia e natureza para un desenvolvemento óptimo das nenas e nenos que criamos e educamos, mais cal é o noso rol como persoas adultas nesta relación?

Na relación adulta-natureza, para nós é importante a reflexión sobre tres conceptos relacionados: o respecto, o disfrute e o coñecemento. Lanzámosvos algunhas cuestións que esperamos que vos axuden a definir onde estades!!!

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.