


Obradoiros de experimentación
Crear, experimentar e descubrir facendo
Deseñamos e achegamos obradoiros nos que aprender pasa por facer: construír, reutilizar materiais, experimentar con ferramentas, observar a natureza ou descubrir a vida mariña desde novas perspectivas.
Son propostas participativas para centros educativos, concellos, asociacións, festas e programacións culturais, adaptadas a diferentes idades, espazos e formatos.

Aprender desde a experiencia
Nos obradoiros de Miudiño buscamos que as persoas participantes poidan tocar, probar, observar, crear e facerse preguntas.
Cada proposta ten a súa propia dinámica: algunhas parten da creación libre, outras permiten descubrir procesos de reciclaxe e outras combinan ciencia, arte ou novas tecnoloxías para achegarnos á natureza.
O importante non é só o resultado final, senón todo o que sucede durante o proceso: curiosidade, autonomía, aprendizaxe e capacidade de descubrir novas posibilidades.
Que facemos
Obradoiros dispoñibles

Argallando
CREACIÓN · NATUREZA · AUTONOMÍA
Un espazo de creación libre con materiais naturais, elementos de refugallo e ferramentas reais.
As persoas participantes reciben indicacións para utilizar as ferramentas con seguridade e, a partir de aí, poden experimentar e construír os seus propios artefactos, deixando espazo á autonomía e á imaxinación.

Xoguetes sonoros
MÚSICA · CREACIÓN · REEMPREGO
Un obradoiro arredor da música, a creación e o reemprego de materiais.
Canas, noces, chapas, tubos, caixas e outros elementos convértense en pequenos instrumentos e xoguetes sonoros cos que descubrir novas posibilidades musicais.

Cociñando xabón
TRADICIÓN · REUSO · ECO
Unha proposta para descubrir como se elaboraba tradicionalmente o xabón e comprender, de maneira práctica, o valor de reutilizar recursos cotiáns.
O obradoiro pode empregar aceite usado achegado polas propias persoas participantes, convertendo un residuo nun novo produto e introducindo hábitos relacionados coa reciclaxe.

Follas de papel
RECICLAXE · NATUREZA · CREACIÓN
Un obradoiro para aprender o proceso de fabricación de papel reciclado e transformalo en novas creacións.
A actividade combina reutilización e coñecemento da natureza mediante a elaboración de marcapáxinas que permiten achegarse tamén ás árbores autóctonas.

Ilustrando a vida mariña
CIENCIA · ARTE · MAR
Unha proposta impartida por 13 Grados S. Coop. Galega que une divulgación científica e creación artística.
A partir da observación de imaxes submarinas gravadas en Galicia, as persoas participantes descobren as particularidades dunha especie mariña e aprenden a representala mediante a ilustración e a acuarela.

Mergullando sen nos mollar
VR · MAR · CIENCIA
Unha experiencia inmersiva impartida por 13 Grados S. Coop. Galega para descubrir os fondos mariños de Galicia mediante realidade virtual.
As imaxes en 360º permiten percorrer fondos rochosos, bosques de algas, bateas e outros ambientes submarinos, acompañados por unha interpretación que axuda a comprender o que estamos observando.
APRENDER FACENDO
Que achegan os obradoiros?
Aprendizaxe a través da experiencia
Aprender facendo permite experimentar, descubrir e incorporar novos coñecementos de forma activa.
Creatividade e autonomía
Unha distribución máis equilibrada favorece a participación de todo o alumnado e reduce a apropiación do espazo por un único tipo de xogo.
Novas posibilidades para os materiais
Os obradoiros permiten descubrir outros usos para materiais e recursos presentes na vida cotiá.
Natureza, reciclaxe e patrimonio
Achegan coñecementos sobre a contorna combinando creación manual, ciencia, arte e experimentación.
Aprender e compartir
Experiencias participativas e adaptables a diferentes públicos que crean oportunidades para aprender xuntos.
Buscas un obradoiro para o voso centro ou evento?
Cóntanos o público, o espazo e a data prevista. Axudarémosche a escoller a proposta que mellor encaixe coa programación.
Para centros, entidades e programacións culturais
Os obradoiros poden desenvolverse en:
- Centros educativos.
- Festas escolares e actividades de ANPA.
- Concellos.
- Asociacións culturais ou veciñais.
- Comunidades de montes.
- Centros cívicos.
- Festas e festivais.
- Programacións culturais e ambientais.
Cada proposta ten unhas características diferentes de idade, duración, número de participantes e necesidades de espazo.
Algunhas poden realizarse en interior e exterior, mentres que outras están deseñadas especificamente para espazos interiores.
No dosier podes consultar as condicións concretas de cada obradoiro.

proceso
Como funciona?
Cóntanos a actividade
Indícanos a data, o lugar, o público previsto e o tipo de programación.
Escollemos a proposta
Valoramos que obradoiro encaixa mellor segundo as idades, o número de participantes, o espazo e os obxectivos da actividade.
Preparamos a experiencia
Organizamos os materiais, recursos e necesidades técnicas específicas de cada proposta.
Desenvolvemos o obradoiro
O equipo responsable acompaña ás persoas participantes durante a experiencia e facilita o proceso de creación, experimentación ou descubrimento.

Información práctica
A duración, as idades recomendadas, o número de participantes e as necesidades técnicas varían segundo o obradoiro.
Hai propostas libres e dirixidas, actividades para interior ou exterior e formatos que poden adaptarse á duración e características da programación.
O orzamento dependerá da proposta escollida, da duración, do número de participantes, das necesidades de persoal e do desprazamento.
Consulta o dosier para coñecer as condicións específicas de cada actividade.
Creamos unha experiencia para o voso público?
Consulta a dispoñibilidade ou solicita o dosier para descubrir os seis obradoiros e escoller a proposta máis adecuada.
