Miudiño

Traballamos para mellorar a vida das persoas e dos espazos que habitamos.

SOBRE NÓS

Somos unha cooperativa galega de traballo asociado e sen ánimo de lucro. Desde 2015 desenvolvemos espazos, experiencias, produtos e recursos que promoven o benestar emocional, a saúde comunitaria e a conexión coa natureza e o patrimonio galego.

Reunimos psicoloxía social, educación ambiental, enxeñaría, paisaxismo, artesanía, cultura e xogo para dar respostas útiles e adaptadas a comunidades educativas, organizacións, profesionais e familias.

Persoas, contornas e unha única saúde

En Miudiño traballamos desde o enfoque de Unha única saúde, entendendo que o benestar das persoas non pode separarse da saúde dos espazos, das comunidades e da natureza que nos rodea.

Por iso non nos limitamos a crear actividades ou produtos. Ofrecemos coñecemento, ferramentas e contornas para vivir mellor: espazos máis naturais, experiencias de xogo e participación, recursos para procesos de cambio e propostas que poñen en valor o patrimonio galego.

O noso traballo parte da prevención e da promoción da saúde: transformar os lugares que habitamos tamén pode mellorar como nos sentimos, nos relacionamos e construímos comunidade.

A NOSA ORIXE

Un proxecto que medrou con nós

2015

Miudiño naceu en 2015 da unión dun músico, unha psicóloga e un carpinteiro que compartían unha mesma inquietude: achegar a cultura, a natureza e o xogo á infancia.

Primeiros Anos

Os primeiros anos estiveron ligados á música, aos contos, aos xogos tradicionais e á vontade de devolverlles aos nenos e ás nenas o protagonismo sobre o seu tempo e os seus espazos.

2017

En 2017, o encargo dun centro educativo para crear elementos musicais de exterior abriu unha nova etapa: o traballo nos patios escolares. A partir de aí incorporáronse novas disciplinas e coñecementos ata poder acompañar todo o proceso de transformación dun espazo.

Hoxe

Hoxe Miudiño é un equipo multidisciplinar que continúa explorando novas posibilidades, mantendo a curiosidade e o compromiso do primeiro día.

Facemos propostas útiles, pensadas para funcionar

Apaixónanos ver como unha proposta ben pensada pode cambiar a relación das persoas cos espazos que habitan.

Traballamos desde:

  • A escoita e a comprensión das necesidades reais.
  • O coñecemento técnico e a experiencia práctica.
  • A adaptación de cada proposta ao seu contexto.
  • O rigor profesional e o respecto polos códigos éticos de cada disciplina.
  • A creación de solucións propias e duradeiras.
  • A honestidade á hora de explicar o que pode funcionar e o que non.
  • O traballo cooperativo e a colaboración con outras entidades.

Non utilizamos conceptos como natureza, benestar ou emoción como simples etiquetas. Detrás de cada proposta hai investigación, experiencia, metodoloxía e persoas especializadas.

O Noso Equipo

Un equipo que mestura saberes

Judit

Psicoloxía, proxectos e emocións

Diego

Enxeñaría forestal e educación ambiental

Silvia

Xestión, crianza e comunicación

Raquel

Paisaxismo, deseño e botánica

Ambrosio

Carpintaría artesá e xoguetería

César

Música, carpintaría e creación

COLABORACIÓN

Traballamos en rede

Formamos parte de redes profesionais, culturais e cooperativas que comparten a vontade de construír unha economía e unha sociedade máis xustas. Estas redes permítennos compartir coñecemento, colaborar e seguir facendo medrar os proxectos con rigor e responsabilidade.

Tes un proxecto ou unha idea entre mans?

Cóntanos que necesitas, que queres transformar ou que che gustaría poñer en marcha. Falamos contigo para entender o contexto e ver como podemos axudar.