


Áreas de xogo para a infancia
Patios que coidan, inclúen e convidan a xogar
Transformamos patios e áreas de xogo en espazos máis naturais, diversos e adaptados ás necesidades reais da infancia.
A través de Patios Vivos, acompañamos comunidades educativas, concellos e entidades desde a reflexión inicial e o codeseño ata o proxecto técnico, a naturalización, a fabricación e a instalación.
Cada espazo e cada comunidade parten dunha realidade diferente. Por iso, a primeira decisión é sempre escoitar.

Un patio tamén educa
Os espazos exteriores inflúen na forma na que a infancia xoga, se relaciona e participa na vida do centro.
Cando o patio está dominado por un único tipo de actividade, carece de natureza ou ofrece poucas alternativas, parte do alumnado pode quedar excluído e aumentar os conflitos ou as desigualdades no uso do espazo.
Transformar o patio permite crear máis oportunidades para o movemento, a calma, o xogo simbólico, a exploración, o encontro e a convivencia.
Non se trata unicamente de instalar novos elementos. Trátase de repensar o espazo como un recurso educativo, coeducativo e comunitario.
PATIOS VIVOS
Patios Vivos: un proxecto construído coa comunidade
Somos unha cooperativa galega de traballo asociado e sen ánimo de lucro. Desde 2015 desenvolvemos espazos, experiencias, produtos e recursos que promoven o benestar emocional, a saúde comunitaria e a conexión coa natureza e o patrimonio galego.
Reunimos psicoloxía social, educación ambiental, enxeñaría, paisaxismo, artesanía, cultura e xogo para dar respostas útiles e adaptadas a comunidades educativas, organizacións, profesionais e familias.
Máis oportunidades
Que pode cambiar un patio?
Máis formas de xogar
Incorporar novas posibilidades permite que cada neno e nena atope espazos acordes cos seus intereses, ritmos e capacidades.
Inclusión e coeducación
Unha distribución máis equilibrada favorece a participación de todo o alumnado e reduce a apropiación do espazo por un único tipo de xogo.
Natureza e benestar
A vexetación, os materiais naturais e os espazos de calma contribúen a crear contornas máis acolledoras e agradables.
Participación e pertenza
Escoitar á infancia e implicar a comunidade educativa favorece o compromiso co proxecto e unha maior conexión co espazo resultante.
Convivencia
Un patio con máis opcións de uso facilita outras formas de relacionarse, compartir e resolver as necesidades cotiás.
Por onde comezamos?
Non é necesario ter o proxecto completamente definido.
Nunha primeira conversa coñeceremos o espazo, as necesidades da
comunidade, os recursos dispoñibles e o punto no que se atopa o centro.
A partir de aí poderemos orientarvos cara á opción máis adecuada.
Que pode incluír o proxecto?
Dependendo das necesidades, o acompañamento pode incluír:
- Formación para a comunidade educativa.
- Análise das necesidades do espazo.
- Escoita e participación do alumnado.
- Proceso de codeseño.
- Proxecto técnico con planos e planificación.
- Proposta de naturalización.
- Selección ou deseño de equipamentos.
- Fabricación de elementos a medida.
- Instalación e montaxe.
- Asesoramento para executar o proxecto por fases.
No dosier podes coñecer con máis detalle as diferentes modalidades e recursos dispoñibles.

proceso
Como traballamos
Coñecemos o
punto de partida
Falamos coa comunidade para entender que sucede no patio, que necesidades existen e que obxectivos se buscan.
Escoitamos e deseñamos
Podemos desenvolver formación, procesos participativos e actividades co alumnado para construír unha proposta conectada coa realidade do centro.
Convertémolo nun proxecto
Trasladamos as ideas a unha proposta técnica viable con planos, zonas, equipamentos, naturalización e planificación da execución.
Axudamos a facelo realidade
O proxecto pode executarse de forma completa ou por fases. Miudiño tamén pode fabricar, instalar e adaptar equipamentos ao espazo.

Un equipo para acompañar todo o proceso
Miudiño reúne nun mesmo proxecto coñecementos de psicoloxía, educación, enxeñaría forestal, paisaxismo, deseño técnico e carpintaría artesanal.
Esta combinación permítenos ofrecer unha visión integral:
- Comprendemos as necesidades das persoas que utilizan o espazo.
- Deseñamos propostas técnicas e paisaxísticas.
- Fabricamos equipamentos propios e pezas a medida.
- Traballamos atendendo ás normas de seguridade UNE 1176 e UNE 1177.
- Temos en conta o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.
- Podemos acompañar desde a primeira reflexión ata a instalación final.
Cada patio pode comezar
por un lugar diferente
Quizais necesitades repensar todo o espazo, xa tedes unha idea e buscades un proxecto técnico ou só precisades asesoramento, naturalización ou un equipamento concreto.
Contádenos en que punto vos atopades e axudarémosvos a definir o seguinte paso.




