Espazos que coidan das persoas

Espazos saudables e xardinería terapéutica

Transformamos zonas interiores e exteriores de residencias, centros de día e outras entidades sociais en contornas máis naturais, acolledoras e útiles para a vida cotiá.

Combinamos psicoloxía, xerontoloxía, paisaxismo e coñecemento técnico para crear espazos que favorezan o benestar emocional e faciliten o traballo dos equipos profesionais.

Cada proxecto parte das necesidades reais do centro e das persoas que o habitan.

Falamos? Descarga o catálogo

Cando o espazo tamén forma parte do coidado

As zonas comúns, os xardíns e os espazos de paso inflúen en como as persoas se orientan, se relacionan, descansan e participan nas actividades do centro.

Un espazo pouco aproveitado pode converterse nun lugar para:

  • Atopar calma.
  • Manter o contacto coa natureza.
  • Desenvolver actividades terapéuticas.
  • Estimular os sentidos.
  • Compartir tempo con outras persoas.
  • Mellorar a experiencia diaria de residentes e profesionais.

Non buscamos simplemente decorar: deseñamos espazos funcionais que poidan integrarse no traballo habitual do centro.

Unha proposta adaptada a cada realidade

Podemos intervir tanto en espazos exteriores como interiores:

Xardíns e patios

Espazos de descanso

Terrazas

Áreas para actividades terapéuticas

Zonas comúns

Recunchos naturais dentro do edificio

O proxecto pode centrarse nunha zona concreta ou abordar unha transformación máis ampla.

A proposta adáptase ao tipo de centro, ás persoas usuarias, ao equipo profesional e aos recursos dispoñibles.

Descarga o catálogo

NATUREZA E COIDADO

Beneficios para as persoas e os equipos

Máis contacto coa natureza

Incorporar novas posibilidades permite que cada neno e nena atope espazos acordes cos seus intereses, ritmos e capacidades.

Espazos de calma e benestar

Unha contorna máis acolledora pode favorecer o descanso, a orientación e unha mellor adaptación á vida diaria do centro.

Novos recursos para o traballo profesional

Os espazos poden deseñarse para apoiar o labor de terapia ocupacional, psicoloxía e outras áreas de atención.

Maior participación

A xardinería e o coidado dos espazos poden converterse en actividades compartidas, adaptadas ás capacidades e intereses das persoas usuarias.

Mellor aproveitamento das instalacións

Zonas pouco utilizadas poden transformarse en lugares funcionais, vivos e conectados co proxecto asistencial do centro.

Falamos das necesidades
do voso centro?

Nunha primeira conversa coñeceremos o espazo, as persoas que o utilizan e o tipo de actividades que desenvolve o equipo profesional.
A partir de aí poderemos orientarvos sobre as posibilidades do proxecto.

Que pode incluír o proxecto?

Segundo as necesidades da organización, a proposta pode incorporar:

  • Análise dos espazos e das necesidades do centro.
  • Participación dos equipos profesionais.
  • Proceso de codeseño.
  • Proxecto paisaxístico.
  • Desenvolvemento técnico.
  • Naturalización de interiores e exteriores.
  • Creación de zonas de calma ou actividade.
  • Equipamentos e elementos a medida.
  • Execución e instalación.
  • Orientación para o uso dos novos recursos.

Cada intervención definirase de maneira personalizada segundo as necesidades da organización.

Descarga o catálogo

proceso

Como traballamos

Escoitamos

Falamos co equipo para comprender como funciona o centro, que necesidades detecta e que uso quere dar ao espazo.

Analizamos e deseñamos

Estudamos a contorna e elaboramos unha proposta que combine funcionalidade, natureza, benestar e viabilidade técnica.

Desenvolvemos o proxecto

Definimos a intervención paisaxística e técnica, os recursos necesarios e a posible execución por fases.

Axudamos a
aproveitar o resultado

Acompañamos o equipo para que os novos espazos poidan integrarse nas actividades e dinámicas habituais do centro.

Experiencia social, paisaxística e técnica

Esta liña de traballo nace da unión de diferentes traxectorias:

  • Experiencia en psicoloxía social e xerontoloxía.
  • Coñecemento acumulado na transformación de patios e espazos comunitarios.
  • Paisaxismo e botánica.
  • Oficina técnica.
  • Deseño e fabricación de recursos propios.
  • Traballo adaptado ás necesidades de cada organización.

Esta combinación permítenos abordar o espazo de forma integral, tendo en conta ás persoas usuarias e aos equipos que as acompañan.

Comecemos por coñecer o espazo

Se tedes un xardín, unha terraza ou unha zona interior que podería
ofrecer máis posibilidades, falamos para valorar como transformala.