Espazos de xogo itinerantes

Levamos o xogo alí onde sucede a vida

Creamos espazos efémeros de xogo libre para centros educativos, festas, festivais e encontros comunitarios.

Miudiño encárgase do transporte, a montaxe, a organización dos materiais e o acompañamento do espazo, adaptando cada proposta ao lugar, ao número de participantes e ao tipo de evento.

Falamos? Descarga o catálogo

Un espazo para xogar, descubrir e compartir

Os espazos de xogo itinerantes permiten transformar temporalmente unha praza, un patio, un festival ou un centro cultural nun lugar aberto á curiosidade e á participación.

Non propoñemos unha actividade dirixida cun único resultado. Preparamos o ambiente, ofrecemos os materiais e deixamos que cada persoa descubra como quere xogar.

Son experiencias interxeracionais que favorecen o encontro entre infancia, familias e comunidade.

Que facemos

Dúas formas de vivir o xogo

Xogando Miudiño

CREACIÓN · NATUREZA · +6 ANOS

Un espazo de xogo libre arredor da xoguetería tradicional. Inclúe propostas de habilidade, puntería, equilibrio, desprazamento, xogo simbólico, vehículos e xogos de mesa.

O xogo tradicional convértese en novidade para a infancia e nun lugar de reencontro para persoas adultas e maiores.

Está especialmente recomendado a partir dos seis anos, aínda que a súa diversidade permite a participación de diferentes xeracións.

Terra

EXPLORACIÓN · NATUREZA · PRIMEIRA INFANCIA

Un espazo de exploración e xogo libre con materiais naturais non estruturados, especialmente pensado para a primeira infancia.

Madeiras, cortizas, paus, pedras, tecidos e outros elementos poden transformarse en construcións, percorridos, pequenos mundos ou xogos simbólicos.

Non existe unha única forma correcta de utilizar os materiais. O espazo cambia continuamente segundo os intereses e a imaxinación das persoas participantes.

XOGO E ENCONTRO

Que achegan estes espazos?

Xogo libre e autonomía

Eiusmod incididunt amet ut consectetur. Culpa enim non irure dolor labore deserunt irure anim dolor adipisicing id est ipsum consectetur.

Creatividade e exploración

Eiusmod incididunt amet ut consectetur. Culpa enim non irure dolor labore deserunt irure anim dolor adipisicing id est ipsum consectetur.

Novas formas de xogar

Eiusmod incididunt amet ut consectetur. Culpa enim non irure dolor labore deserunt irure anim dolor adipisicing id est ipsum consectetur.

Encontro interxeracional

Eiusmod incididunt amet ut consectetur. Culpa enim non irure dolor labore deserunt irure anim dolor adipisicing id est ipsum consectetur.

Flexibilidade e adaptación

Eiusmod incididunt amet ut consectetur. Culpa enim non irure dolor labore deserunt irure anim dolor adipisicing id est ipsum consectetur.

Xogo coidado e participativo

Eiusmod incididunt amet ut consectetur. Culpa enim non irure dolor labore deserunt irure anim dolor adipisicing id est ipsum consectetur.

Estás organizando unha actividade ou evento?

Cóntanos a data, o lugar e o público previsto. Axudarémosche a identificar que espazo pode adaptarse mellor á programación.

Para centros, entidades e programacións culturais

Os espazos poden contratarse para:

  • Centros educativos.
  • Festas escolares e actividades de ANPA.
  • Concellos.
  • Asociacións culturais e veciñais.
  • Comunidades de montes.
  • Centros cívicos.
  • Festas e festivais.
  • Programacións culturais.
  • Actividades de educación, cultura ou normalización lingüística.

Poden instalarse en interior ou exterior, sempre que o lugar reúna as condicións necesarias.

Descarga o catálogo

proceso

Como funciona?

Cóntanos a proposta

Indícanos o lugar, a data, a duración aproximada e o número de participantes previsto.

Valoramos o espazo

Revisamos as dimensións, o acceso, as condicións da localización e a modalidade máis adecuada.

Preparamos a experiencia

Transportamos os materiais e realizamos a montaxe e organización do espazo.

Acompañamos o xogo

O equipo de Miudiño xestiona os materiais, ofrece as indicacións necesarias e coida o funcionamento xeral da proposta.

Información práctica

  • As actividades adoitan desenvolverse en franxas de entre dúas e catro horas.
  • Poden adaptarse a espazos interiores ou exteriores.
  • A proposta e o número de persoas do equipo axústanse á participación prevista.
  • Miudiño non realiza custodia de menores.
  • En actividades familiares, os nenos e nenas deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable.
  • O orzamento dependerá da duración, do número de participantes, das necesidades do espazo e do desprazamento.

O dosier recolle con maior detalle os materiais, formatos e condicións de cada proposta.

Levamos o xogo ao voso espazo

Solicita información para comprobar a dispoñibilidade e preparar
unha proposta adaptada ao voso centro, festa ou evento.