


Educación ambiental
Coñecer o territorio é o primeiro paso para coidalo
Deseñamos actividades de educación ambiental que permiten descubrir a natureza, comprender o patrimonio e crear vínculos máis conscientes cos lugares que habitamos.
Traballamos con centros educativos, concellos, comunidades de montes, asociacións e outras entidades, adaptando cada proposta ao público, ao territorio e aos obxectivos do proxecto.

Aprender desde a experiencia
A educación ambiental non consiste unicamente en transmitir información. Consiste en observar, experimentar, facerse preguntas e comprender como as nosas accións afectan á contorna.
Por iso creamos propostas participativas que conectan coñecemento, emoción e territorio.
A través do xogo, dos percorridos interpretativos e das actividades experimentais, achegamos ás persoas ao patrimonio natural e cultural galego dunha maneira próxima, rigorosa e fácil de lembrar.
Que facemos
Actividades de educación ambiental
Contamos con propostas xa deseñadas que permiten descubrir diferentes ecosistemas, procesos naturais e elementos do patrimonio galego.

Na beira do mar
MAR · NATUREZA · EXPLORACIÓN
Un percorrido polo litoral para descubrir a súa flora, fauna, xeoloxía e patrimonio a través da observación e de pequenas actividades experimentais.
En Vigo desenvolvémola habitualmente no areal do Vao, aínda que pode adaptarse a outras contornas costeiras.

Polo río abaixo vai…
RÍO · AUGA · BIODIVERSIDADE
Unha actividade para explorar a vida das ribeiras, aprender a recoñecer algúns dos seus habitantes e achegarse de forma práctica á calidade das augas.
En Vigo realizámola na Senda do Río Eifonso.

Ei, carballeira!
BOSQUE · NATUREZA · XOGO
Xogos e dinámicas para coñecer mellor un dos ecosistemas máis representativos da nosa contorna: as carballeiras.
Unha proposta para descubrir a súa biodiversidade, comprender o seu valor e reflexionar sobre as ameazas que afrontan.

Muíñada
AUGA · TRADICIÓN · PATRIMONIO
Unha aproximación ao patrimonio natural e etnográfico a través dun muíño tradicional en funcionamento.
A experiencia permite coñecer de maneira lúdica como funciona, a súa relación coa auga e o papel que estes espazos tiveron na vida das comunidades.
Propostas para diferentes públicos e lugares
As actividades poden desenvolverse con:
Centros educativos
Asociacións culturais ou veciñais
Concellos e administracións
Organizacións e colectivos
Comunidades de montes
Familias e público xeral
Contamos cunha especialización destacada no traballo coa infancia e a mocidade, aínda que dispoñemos tamén de propostas para público familiar, interxeracional e adulto.
Actividades de tempada
Algunhas propostas están vinculadas aos ciclos naturais e desenvólvense nos momentos do ano máis adecuados.

Sementando futuro
Unha actividade para aprender a crear e coidar un pequeno viveiro de árbores autóctonas empregando sementes e materiais reutilizados.
Permite achegarse ao ciclo das plantas e comprender a importancia da conservación dos nosos bosques.

Plantabosques
Unha proposta práctica para observar espazos degradados e participar na súa recuperación mediante a plantación correcta de especies arbóreas autóctonas.

Os segredos das Illas Atlánticas
Percorridos guiados polos arquipélagos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia para descubrir a súa riqueza natural e patrimonial.
Unha maneira participativa de coñecer Cíes, Ons, Sálvora ou Cortegada e comprender o valor do único Parque Nacional de Galicia.

Revive Vieiros: natureza, patrimonio e vida no Courel
Revive Vieiros é un programa de actividades interpretativas e demostrativas arredor da aldea de Vieiros, no Courel.
As propostas permiten coñecer como a natureza, os recursos do territorio e os saberes tradicionais condicionaron durante séculos a vida da comunidade.
Entre as actividades dispoñibles están:
O aire sabe a pan
Unha experiencia arredor do pan, dos fornos tradicionais e do muíño da aldea para descubrir de maneira práctica todo o proceso que conecta territorio, alimento e comunidade.
A intelixencia do muín
Un achegamento ao funcionamento dun antigo muíño comunal e aos coñecementos que permitían aproveitar a forza da auga.
A colada
Unha actividade para descubrir antigos procesos de elaboración de xabón e lavado, poñendo en valor os saberes e o traballo cotián das mulleres da aldea.
Fíos de vida
Unha proposta arredor dos tecidos, dos materiais naturais e dos seres vivos relacionados con eles ao longo da historia de Vieiros.
Percorridos interpretativos
Diferentes itinerarios permiten descubrir a relación da aldea co lume, os saberes tradicionais agochados na pedra e a información que conserva a toponimia.
As actividades poden combinarse tamén nunha Xornada Vieiros, creando unha experiencia máis ampla arredor do patrimonio natural e cultural do Courel.
COÑECER PARA COIDAR
Que buscamos conseguir?
Curiosidade pola contorna
Espertar o interese polo medio próximo, convidando a observar, explorar e descubrir todo aquilo que forma parte da contorna cotiá.
Patrimonio natural e cultural
Dar a coñecer a riqueza natural e cultural do territorio, achegando novos coñecementos a través da experiencia directa.
Respecto e coidado
Favorecer actitudes respectuosas coa contorna e comprender a importancia de participar activamente na súa conservación e coidado.
Vínculo co territorio
Reforzar a conexión emocional co territorio, aprendendo a recoñecer, valorar e sentir como propio o patrimonio que nos rodea.
Do coñecemento á acción
Converter a observación e a aprendizaxe en participación, promovendo pequenas accións que contribúan ao coidado da contorna.
Buscas unha actividade adaptada ao voso territorio?
Podemos partir dunha das propostas dispoñibles ou deseñar unha experiencia específica arredor dun lugar, unha temática ou unha necesidade concreta.
Proxectos e servizos ambientais a medida
Ademais das actividades existentes, traballamos con entidades que queren crear novos recursos para coñecer e poñer en valor o seu territorio.
Podemos desenvolver:
- Percorridos interpretativos.
- Actividades ambientais personalizadas.
- Campañas de divulgación ambiental.
- Investigación e creación de contidos.
- Deseño de itinerarios.
- Cartelería interpretativa e sinalización.
- Equipamentos e mobiliario ambiental.
- Fabricación e instalación dos elementos.
- Guiado e dinamización das propostas.
Cada proxecto nace do diálogo coa entidade e do coñecemento directo do espazo.consultar as condicións concretas de cada obradoiro.

proceso
Como traballamos
Escoitamos a proposta
Coñecemos o público, o lugar, a temática e os obxectivos da entidade.
Escollemos ou
exploramos o territorio
Valoramos se unha das actividades existentes encaixa coa necesidade ou se é preciso desenvolver unha proposta específica.
Deseñamos a experiencia
Adaptamos os contidos, dinámicas e recursos ás características do público e do lugar.
Facémola realidade
Desenvolvemos a actividade ou acompañamos a creación e implantación dos recursos necesarios.

Coñecemento ambiental con raíces no territorio
Miudiño combina educación ambiental, enxeñaría forestal, divulgación, deseño e fabricación propia.
Esta visión permítenos crear propostas que non se quedan na explicación, senón que conectan as persoas co lugar e ofrecen ferramentas para entendelo, valoralo e coidalo.
Descubre todas as posibilidades
Consulta o dosier de Educación ambiental para coñecer as características de cada actividade ou explícanos que territorio, público ou temática queredes traballar.
