


Grupo de xogo en Vigo
Unha tarde para xogar, compartir e estar na natureza
O Grupo de xogo de Miudiño reúne familias nunha contorna natural para que nenos e nenas poidan xogar libremente e as persoas adultas atopen un espazo de encontro, descanso e comunidade.
Sen actividades dirixidas nin resultados marcados. A infancia explora, decide e relaciónase ao seu ritmo, mentres as persoas adultas acompañan desde a presenza e a confianza.

Xogar sen que ninguén diga como
O xogo libre permite experimentar, tomar decisións, asumir pequenos riscos e aprender a convivir con outras persoas.
Durante as sesións, os nenos e nenas poden explorar a contorna, crear os seus propios xogos e relacionarse libremente.
As persoas adultas non dirixen a actividade. O seu papel é observar, dar seguridade e permitir. Tamén poden conversar, descansar ou participar no coidado do espazo mediante pequenas accións ambientais.
É unha proposta familiar, sen custodia de menores.
Para familias con nenos e nenas de ata 12 anos
O grupo está aberto a familias que buscan:
Xogo libre na natureza
Crianza desde a confianza
Máis autonomía
Respecto á neurodiversidade
Tempo con outras familias
Convivencia en comunidade
Rede de apoio
Galego como lingua de encontro
CRECER EN COMUNIDADE
Que pode achegar o grupo?
Autonomía e confianza
A infancia gaña capacidade para explorar e decidir, mentres as familias aprenden a confiar máis nos seus ritmos e capacidades.
Natureza e movemento
O contacto directo coa contorna favorece o xogo libre, a exploración, o movemento e novas experiencias compartidas.
Aprender a acompañar
As familias atopan ferramentas para acompañar o risco, o aburrimento, a frustración e o propio desenvolvemento do xogo.
Desenvolvemento e relacións
O xogo e a convivencia favorecen o desenvolvemento físico, emocional e social a través de experiencias reais.
Comunidade e encontro
Compartir tempo con outras familias permite crear vínculos, apoio mutuo e unha rede arredor da crianza.
Queredes coñecernos?
Podedes escribirnos para consultar como funciona o grupo, resolver dúbidas ou coñecer a dispoñibilidade de prazas.
Información práctica
- Lugar: Freixo, Vigo, e outras contornas naturais da cidade.
- Día: luns lectivos.
- Horario: de 16:30 a 18:30.
- Temporada: de outubro a maio.
- Idades: familias con nenos e nenas de ata 12 anos.
- Modalidade: actividade familiar sen custodia de menores.
- Lingua: o galego utilízase como lingua vehicular.
É necesaria a inscrición previa. As sesións poderán suspenderse por condicións meteorolóxicas adversas e precisan dun número mínimo de participantes.

proceso
Como é unha tarde no grupo?
Recibimos as familias
Presentamos o espazo e compartimos as indicacións necesarias para utilizalo con seguridade.
Comeza o xogo libre
Os nenos e nenas exploran a contorna, os materiais e as relacións ao seu ritmo.
Compartimos o tempo
As persoas adultas observan, conversan, descansan ou colaboran no coidado do lugar.
Merendamos e despedímonos
Pechamos a tarde cun momento compartido antes de volver á casa.
Únete ao Grupo de xogo
Escríbenos para coñecer as condicións, consultar as prazas
dispoñibles e recibir a documentación de inscrición.
