Moura doncela

64,50 IVE incl.

A colección de Mouras son a nosa particular homenaxe á figura de Moura, sendo o ser máis importante dentro da mitoloxía galega. Son moitas as lendas, refráns, contos e espazos relacionados con ela, en calquera das súas tres facetas: doncela, raíña ou vella mais para nós tamén é unha oportunidade fermosa para falar dos ciclos da vida e da feminidade.

A Moura Doncela é quen máis frecuentemente aparece nas lendas, como muller fermosa peiteando longos cabelos. Con encantos, con tesouros. Nós con ela celebramos a xuventude primaveral, coa primeira regra marcando o comezo dunha ciclicidade temporal.

SKU: 2101011 Categoría:

Recheo de lá natural. Cinto e zapatos de coiro. Boneca e roupa de liño e algodón. Pelo de lá tinguida con elementos naturais no nosos obradoiro mitolóxico.

  • Medidas da boneca: 43 cm de alto
  • Idade recomendada: A partir dos 2 anos
  • Referencia: 2101011
  • Inclúe: Boneca, vestido, cinto e zapatos
  • Advertencias: Por mor do cabelo longo, este xoguete non é recomendable para menores de 18 meses.
  • Información sobre alérxenos: Xoguete elaborado en lá de ovella 100% natural.
  • Instruccións de lavado: