Xogo e cultura
para naturalizar a infancia
Cé Orquestra Pantasma
Nenos, nenas, vellos e vellas levan gozado a mans cheas das súas propostas polas máis destacadas feiras, festas, festivais e romarías populares do país.
Coa música como elemento común, Cé orquestra pantasma ofrece varios formatos individuais ou combinables entre si.
Obradoiros
Miudiño ofrece obradoiros para nenos, nenas, vellos, vellas e para todos aqueles que queiran poñer ao alcance das súas mans a creación de brinquedos tradicionais e a experimentación sonora con elementos naturais.
Espazos de Xogo
Apostando pola necesidade do xogo libre con material natural de calidade, ofrecemos diversos espazos de xogo, baseados ben no brinquedo tradicional ben no material natural non estruturado, para deleite e convivencia de toda a xente grande e pequena que neles queiran participar.

Educación Ambiental
Amamos e protexemos aquilo que coñecemos. Con Diego García recuperamos a voz dos contadores de historias, creamos, descubrimos fermosos percorridos e temos axuda para a xestión de estupendas hortas, sabendo que só mediante o coñecemento vivencial da natureza poderemos chegar a vivir en harmonía.
Patios Vivos Miudiño
Renaturalización e enriquecemento das propostas de xogo nos espazos exteriores fan que poidamos embarcarnos nesta travesía de cambio educativo, apoiándonos na Psicoloxía e na Educación Ambiental.


Fabricación de Xoguetes
Conxugamos artesanía con seguridade e sustentabilidade, apostando polo mundo natural, tanto nos materiais empregados coma nos acabados. Os xoguetes feitos en materiais nobres ofrecen peso, olores, temperatura e textura que estimulan a discriminación sensorial, o coñecemento do medio e a transmisión de valores.
Editorial
Dando vida ás ideas e inquedanzas que xorden nas nosas cabezas, con moita calma e agarimo, con moita música e fermosos sons, editámolas para compartir con toda a xente que con nós queira gozar e, con ritmo e alegría, nun novo mundo, bailar.
Apostamos por unha vida respectuosa e sostible,
promovendo un achegamento á natureza e ao xogo libre.
Noticias e novidades
O curso das novas oportunidades?
Mañá comezamos as clases en Galicia. Un inicio marcado pola incertidume, o medo, os nervios… Mais poderá ser este o curso das novas oportunidades?