Moura raíña

69,50 IVE incl.

A colección de Mouras son a nosa particular homenaxe á figura de Moura, sendo o ser máis importante dentro da mitoloxía galega. Son moitas as lendas, refráns, contos e espazos relacionados con ela, en calquera das súas tres facetas: doncela, raíña ou vella mais para nós tamén é unha oportunidade fermosa para falar dos ciclos da vida e da feminidade.

A Moura Raíña aparece nas lendas en fermosos pazos baixo os castros. Soberana e xenerosa, dona da nosa terra. Nós con ela celebramos a adultez outonal, coa menopausa facéndonos regresar ao mundo lineal.

SKU: 2101031 Categoría:

Recheo de lá natural. Zapatos e cinto de coiro. Pelo de lá, boneca e roupa de liño e algodón. Tanto o pelo como a roupa están tinguidos con elementos naturais no noso obradoiro mitolóxico.

  • Medidas da boneca: 43 cm de alto
  • Idade recomendada: A partir dos 2 anos
  • Referencia: 2101031
  • Inclúe: Boneca, vestido, zapatos, cinto de coiro.
  • Advertencias: Por mor do cabelo longo este xoguete non é recomendable para menores de 18 meses
  • Información sobre alérxenos: Xoguete elaborado en lá de ovella 100% natural
  • Instruccións de lavado:

Envío gratis a partires de 100€

Os envíos para a Península e Baleares son totalmente gratuitos en pedidos superiores a 100€.

Entregas na Península e Baleares – 5€

Se dispoñemos do artículo en stock, o envío realízase por paquetería urxente con MRW, nun prazo de 24-48 horas.
Se realizas o teu pedido durante un fin de semana ou día festivo, tramítase ao seguinte día laborable. No caso de realizar o pago por transferencia bancaria, o envío tramítase unha vez recibimos o xustificante de pago.

Para máis información sobre envíos, devolucións e outras dúbidas, consulta a páxina de Envíos