O desencantamento

21,00 IVE incl.

Brais é un rapaz coma calquera outro rapaz dunha aldea galega. As fins de semana adoita ir co gando a un lugar chamado “Outeiro das Mouras”. Era un lugar estraño, con penedos cheos de debuxos gravados…Quen serían esas mouras que lle daban nome ao lugar?

A poética narrativa de Rafael Quintía xunto as fermosas ilustracións de Miguel Peralta, fan deste un libro único, unha marabilla para os sentidos de nenos, nenas, vellos e vellas que queiran gozar da reconexión coa tradición oral e a mitoloxía galega.

Libro en prevenda, aproveita o desconto previo á saída oficial! Podes recollelo no Culturgal (Pontevedra, do 25-27 de novembro) ou enviarémoscho ao teu domicilio a partir do 28 de novembro!

SKU: 104001 Categoría:

Dende a fermosura narrativa da tradición oral, a colección “Os contos da Moura” busca xerar un novo espazo para a posta en valor da nosa mitoloxía, dos contos e lendas repartidos por todo o territorio galego.

“O desencantamento” é ademais unha co-edición realizada entre Miudiño S.Coop Galega e Ab Origine SLL, colaborando exclusivamente con empresas da economía social de Galicia, mostrando que a través da cooperación podemos conseguir resultados orixinais e de alto valor engadido. Desta volta, acompañados por Cestola na Cachola, Catro Ventos e Gráficas Anduriña.

 

 

 

Idea e coordinación editorial: Judit Santos
© dos textos: Rafael Quintía
© das ilustracións: Miguel Peralta, Cestola na Cachola S.Coop.Galega
© da edición: Miudiño S.Coop.Galega   miudinho.gal
Coedita: Ab Origine SLL        aborigine.es
Deseño, maquetación e corrección lingüística: Catro Ventos, S. Coop.Galega
Impreso na Galiza: Gráficas Anduriña S.Coop.Galega

Primeira edición: Vigo, novembro 2022
Tamaño: 22x22cm

Depo Legal: VG 532-2022
ISBN: 978-84-944758-5-6

Reservados todos os dereitos. Se desexas reproducir dalgún xeito o libro, ponte primeiro en contacto connosco!