Patios Vivos Miudiño

Patios de socialización, aprendizaxe e xogo libre.

Renaturalización e enriquecemento das propostas de xogo nos espazos exteriores fan que poidamos embarcarnos nesta travesía de cambio educativo, apoiándonos na Psicoloxía e na Educación Ambiental.

Formación para docentes e familias

A transformación dun patio é froito do soñar en común da comunidade educativa, e a formación é un paso estupendo para facer dos soños realidade. O noso obxectivo principal é dar ferramentas, coñecemento e propostas que poidan aliar á comunidade educativa a prol do cambio de mirada, con empatía, diálogo e escoita activa.

*posibilidade de colaboración con CFR e CAFI

Cursos

Formación teórica na que damos información base para o proxecto de patio. Consta de 3 sesións:

  1. O cambio de mirada: Xustificación teórica dende a Psicoloxía e proposta de espazos de xogo.
  2. Naturalización e seguridade: Propostas naturais e normativa básica a cumprir nos espazos de xogo infantil.
  3. O proceso de cambio: Guía sobre como facer o traballo na comunidade educativa.
  • null
    120 – 150 minutos cada sesión
  • null
    Interior
  • null
    Adultos

Obradoiro de creación libre con material forestal para emprego na escola. Para perderlle o medo ao emprego de ferramentas reais en contextos educativos.

  • null
    120 minutos
  • null
    Interior/exterior
  • null
    Adultos

Proxectos Patios Vivos

Adaptándonos ás necesidades de cada comunidade educativa, proporcionamos diferentes servizos que poden ser de interese para a redacción e/ou execución do proxecto de modificación do patio.

  • Orientación e guía do proceso: Sesións individualizadas, virtuais ou presenciais, para as comunidades que desexen redactar por si mesmas o proxecto de modificación do patio.
  • Anteproxecto Patio Vivo Miudiño: Documento que inclúe o proposta de espazos de xogo adaptados ao terreo dispoñible e zonas a renaturalizar.
  • Proxecto Patio Vivo Miudiño: Documento técnico que inclúe elementos de xogo do noso catálogo e vexetación a incorporar no patio. Posibilidade de complementar co servizo de inspección anual e mantemento dos elementos de xogo.

Catálogo de equipamentos de xogo

Mobiliario e elementos de xogo feitos en madeira, de xeito artesanal, que dan vida aos espazos de xogo propostos. Buscamos dar respostas naturais ás necesidades de movemento, experimentación e socialización da cativada, na procura de contornas saudables nas que desenvolver o xogo.

  • Os equipamentos de xogo Miudiño cómpren a normativa vixente (UNE-EN- 1176 e Decreto 245/2003 Xunta de Galicia).
  • Cada elemento é froito dun traballo artesanal de elaboración e deseño propio, polo que cada elemento é único.
  • As madeiras e materiais empregados están especialmente escollidos para emprego en exterior.
  • O catálogo aínda non o temos dispoñible na web. Se tes interese en coñecelo, contacta connosco.

Contornas saudables para unha nova realidade.

Tes algunha pregunta? Fálanos! Estaremos encantados de axudar

Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.