Xogo da corda
Rango de prezos: desde 26,95€ ata 29,95€ IVE incl.
Os godofellos convertidos en corda! Todas as características da artesanía e economía circular dos seres pequenos coa versatilidade da corda para saltar. Os bonecos son 100% algodón, e o recheo de lá e a corda de cáñamo son naturais. Ofrecemos diversas lonxitudes para adaptarnos ás vosas necesidades, e nunca sabes cal te chegará a casa!
Elemento de xogo no que se traballa: axilidade, coordinación, equilibro, flexibilidade e reflexos.
Feita a man, nace do desexo do aproveitamento de retallos de teas, dentro da filosofía de economía circular, tratando de chegar ao residuo 0. Os bonecos son 100% algodón. O recheo de lá e a corda de cáñamo son naturais.
- Inclúe: Dous bonecos e corda
- Medidas do boneco: cada boneco mide 20×6 cm
- Medidas da corda: a escoller entre 150, 200 e 500cm)
- Idade recomendada: + 2 anos
- Referencia: 2107020
- Advertencias: Non convén para nenos menores de 3 anos: Corda larga, perigo de estrangulamento.
- Información sobre alérxenos: Xoguete elaborado en lá de ovella 100% natural.
- Instruccións de lavado:
Envío gratis a partires de 100€
Os envíos para a Península e Baleares son totalmente gratuitos en pedidos superiores a 100€.
Entregas na Península e Baleares – 5€
Se dispoñemos do artículo en stock, o envío realízase por paquetería urxente con MRW, nun prazo de 24-48 horas.
Se realizas o teu pedido durante un fin de semana ou día festivo, tramítase ao seguinte día laborable. No caso de realizar o pago por transferencia bancaria, o envío tramítase unha vez recibimos o xustificante de pago.
Para máis información sobre envíos, devolucións e outras dúbidas, consulta a páxina de Envíos









