A nosa colección Bebé nace do coidado e da confianza. Cada peza está pensada para acompañar os primeiros meses de vida con seguridade, tenrura e respecto polo ritmo natural do crecemento.
Esta bóla sensorial convida a descubrir o mundo a través do tacto, a curiosidade e o xogo tranquilo. A súa forma entrelazada facilita que o bebé a colla e manipule con facilidade, estimulando os sentidos e a motricidade fina.
É unha peza moi versátil, perfecta para crear novas combinacións de xogo: pódense engadir teas, aros ou pequenas cintas para favorecer a exploración e o desenvolvemento sensorial.
Feita con agarimo no noso obradoiro artesanal, é suave, sostible e lavable, pensada para coidar o benestar do bebé e ofrecer tranquilidade ás familias que confían na natureza.
Atributos do produto
Colección: Bebé
Dimensións: 17 cm aprox. (ao ser unha peza artesanal, pode variar lixeiramente)
Idade recomendada: 0 – 36 meses
Material principal: Algodón 100% con certificado GOTS
Recheo: Lá natural de ovella
Composición: Peza téxtil artesanal
Cores dispoñibles: Varias cores
Fabricación: Feita a man no noso obradoiro artesanal en Galicia
Lavado: Lavable na lavadora en frío
Características:
-
Suave, segura e sostible
-
Libre de tóxicos e produtos químicos
-
Apta dende o nacemento
-
Estimula o tacto, os sentidos e a motricidade fina
-
Versátil: permite engadir teas, aros ou cintas
-
Lavable e duradeira
¿Tes algunha dúbida sobre este xoguete? Fala connosco!
Envío gratis a partires de 100€
Os envíos para a Península e Baleares son totalmente gratuitos en pedidos superiores a 100€.
Entregas na Península e Baleares – 5€
Se dispoñemos do artículo en stock, o envío realízase por paquetería urxente con MRW, nun prazo de 24-48 horas.
Se realizas o teu pedido durante un fin de semana ou día festivo, tramítase ao seguinte día laborable. No caso de realizar o pago por transferencia bancaria, o envío tramítase unha vez recibimos o xustificante de pago.
Para máis información sobre envíos, devolucións e outras dúbidas, consulta a páxina de Envíos