Puzzles “Os fondos mariños das Illas Atlánticas”
19,00€ IVE incl.
Novo produto para fogares, escolas e bibliotecas. 4 modelos diferentes de puzzles Os fondos mariños das Illas Atlánticas de Miudiño.
Puzzles que unen xogo, arte e natureza. A partir das fermosas ilustracións de Clara Cerviño para o libro Os nosos mares, convidan a descubrir a vida que se agocha nos fondos mariños do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia: rochas, areas, bosques de algas e fondos de maërl cheos de cor e biodiversidade.
En cada deseño identifícanse arredor de vinte especies co seu nome galego, que aparecen só ao montar o puzzle — un pequeno misterio que fai da montaxe unha experiencia máis divertida e educativa.
Un material manipulativo en galego, pensado a partir dos 6 anos, que fomenta o coñecemento, o respecto e a protección do noso mar.
Proxecto cofinanciado coas axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia 2025.
Completa a túa colección co libro Os nosos mares!
Catro deseños inspirados nas láminas do libro Os nosos mares, que nos achegan á riqueza dos fondos mariños das Illas Atlánticas de Galicia.
Fabricados en cartón de alta calidade e con corte láser, estes puzzles de 200 pezas en tamaño A3 permiten descubrir, mentres se xoga, as especies e ecosistemas que habitan o noso mar.
Un material educativo e lúdico en galego, pensado a partir dos 6 anos, que da resposta á demanda de recursos manipulativos sobre a natureza mariña e fomenta o coñecemento e a protección do medio.
Proxecto cofinanciado coas axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia 2025.
Peso: 0,5 kg
Tamaño: A3 (29,7 x 42 cm)
Nº de pezas: 200
Modelos dispoñibles: Fondo de rocha, Fondo de area, Fondo de maërl, Bosque de algas
Envío gratis a partires de 100€
Os envíos para a Península e Baleares son totalmente gratuitos en pedidos superiores a 100€.
Entregas na Península e Baleares – 5€
Se dispoñemos do artículo en stock, o envío realízase por paquetería urxente con MRW, nun prazo de 24-48 horas.
Se realizas o teu pedido durante un fin de semana ou día festivo, tramítase ao seguinte día laborable. No caso de realizar o pago por transferencia bancaria, o envío tramítase unha vez recibimos o xustificante de pago.
Para máis información sobre envíos, devolucións e outras dúbidas, consulta a páxina de Envíos
Información adicional
| Puzzle | No fondo de maerl, No fondo de rochas, No fondo de algas, No fondo de area |
|---|









