Lote de bebé “Benvida ao mundo”

80,00 IVE incl.

Lote artesanal para bebé con pelota sensorial, mordedor en forma de folla de carballo e boneca de algodón orgánico. Suaves, seguros e sostibles, acompañan os primeiros descubrimentos, estimulan sentidos e xogo simbólico. Feito con agarimo no noso obradoiro en Galicia.

Hai existencias

SKU: 210732-1 Categorías: ,

A nosa colección Bebé nace do coidado e da confianza: xogos e accesorios seguros, suaves e naturais, pensados para acompañar o bebé dende o primeiro día.
Este lote reúne tres pezas complementarias: unha pelota sensorial que estimula o tacto e o movemento, un mordedor en forma de folla de carballo que alivia a dentición e unha boneca artesanal que invita ao xogo simbólico e á creatividade.

Elaborados con materiais sostibles e libres de tóxicos, todos os elementos están feitos con agarimo no noso obradoiro artesanal para ofrecer benestar, calma e seguridade en cada pequeno descubrimento.

Atributos do produto

Colección: Bebé
Contido do lote:
• Pelota sensorial
• Mordedor folla de carballo (desmontable)
• Boneca artesanal
Idade recomendada: 0 – 36 meses
Materiais principais: Algodón 100% orgánico con certificado GOTS e materiais naturais aptos para mordedores
Recheos:
• Boneca: lá natural de ovella
• Pelota sensorial: lá natural de ovella
• Mordedor: napa de algodón orgánico (interior extraíble)
Fabricación: Feito a man no noso obradoiro artesanal en Galicia
Composición: Pezas téxtiles e accesorio natural artesanal
Cores dispoñibles: Pezas únicas
Lavado:
• Boneca e pelota: lavables en frío
• Mordedor: desmontable para facilitar a limpeza; lavar a man


Características:

  • Suaves, seguros e sostibles

  • Libres de tóxicos e produtos químicos

  • Aptos dende o nacemento

  • Recheos naturais e orgánicos que respectan a pel

  • Estimulan o tacto, o movemento e o xogo sensorial

  • A boneca favorece o xogo simbólico e emocional

  • O mordedor alivia a dentición e pode desmontarse para unha hixiene completa

  • Fáciles de manter e pensados para durar

Envío gratis a partires de 100€

Os envíos para a Península e Baleares son totalmente gratuitos en pedidos superiores a 100€.

Entregas na Península e Baleares – 5€

Se dispoñemos do artículo en stock, o envío realízase por paquetería urxente con MRW, nun prazo de 24-48 horas.
Se realizas o teu pedido durante un fin de semana ou día festivo, tramítase ao seguinte día laborable. No caso de realizar o pago por transferencia bancaria, o envío tramítase unha vez recibimos o xustificante de pago.

Para máis información sobre envíos, devolucións e outras dúbidas, consulta a páxina de Envíos

Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.