O xogo do PICAPAU – Xogo de mesa – produto OZOCOgz
49,50€ IVE incl.
O PICAPAU é un xogo de mesa no que os e as participantes deben demostrar os coñecementos que teñen sobre Galicia e sobre outros temas de cultura xeral, contestando as cuestións que van xurdindo no xogo, divididas en 4 bloques ou áreas temáticas:
Lingua e literatura; 2. ciencias, xeografía e recursos; 3. historia, cultura, persoeiros e tradicións e 4. cultura xeral. As tres primeiras categorías son específicas sobre o noso País.
O xogo combina as preguntas con xogos-desafíos que poñerán a proba as e os participantes en habilidades coma o debuxo ou a mímica, por exemplo.
So quedan 2 dispoñibles (pode reservarse)
OBXECTIVO DO XOGO
Rematar en primeiro lugar o percorrido do taboleiro respondendo atinadamente as tarxetas-pregunta e superando os desafíos (probas) e/ou mini-xogos que no transcurso da partida vaian xurdindo.
TARXETAS-PREGUNTA
Están divididas en 4 bloques temáticos (100 tarxetas por tema), identificábeis pola cor e polo debuxo do reverso. No anverso de cada tarxeta están as preguntas, caracterizadas por teren entre 3 e 5 opcións de resposta, nuns casos haberá que saber a opción correcta e noutros a incorrecta.
Os enunciados das preguntas, coa finalidade de que o xogo sexa instrutivo, conteñen información que, ao tempo, facilita en moitos casos a propia resposta. Non debemos esquecer que o PICAPAU pretende ser un xogo que, ademais de entreter, achegue coñecementos ás e aos participantes.
TARXETAS-SORTE
Son 25 tarxetas cuxo uso incide directamente no adianto ou retroceso dos peóns no taboleiro. Teñen o reverso de cor alaranxada e a imaxe dunha FIGA, cóllense do mazo situado no taboleiro cando o peón cae na casa correspondente. Existen 3 tipos de tarxetas-sorte, as COMODÍN, as ADIANTA/RECÚA e as dos MEIGALLOS ouFIGAS.
TARXETAS-DESAFÍO
Son 20 tarxetas que agochan pequenas probas ou mini-xogos que as e os participantes deberán superar para seguiren avanzando polo taboleiro. Teñen o reverso de cor marrón verdosa e a imaxe do PICAPAU, cóllense do mazo situado no taboleiro cando o peón cae na casa correspondente. As instrucións ou xeito de pasalas está explicado no ANEXO final deste libriño.
Poden ser de varios tipos, de DEBUXO, de MÍMICA ou pequenos xogos de lapis e papel nos que tratar de vencer aos/ás rivais do xogo, como o AFORCADO ou o OSO, entre outros. Segundo o resultado dos retos será o avance ou o retroceso de casas polo taboleiro.
A caixa d’O xogo do PICAPAU contén:
· 1 taboleiro
· 1 dado
· 6 peóns
· 400 tarxetas-pregunta
· 25 tarxetas-sorte
· 20 tarxetas-desafío
· 1 taco de notas
· 1 instrucións
Dimensións da caixa: 235x235x70mm.
Envío gratis a partires de 100€
Os envíos para a Península e Baleares son totalmente gratuitos en pedidos superiores a 100€.
Entregas na Península e Baleares – 5€
Se dispoñemos do artículo en stock, o envío realízase por paquetería urxente con MRW, nun prazo de 24-48 horas.
Se realizas o teu pedido durante un fin de semana ou día festivo, tramítase ao seguinte día laborable. No caso de realizar o pago por transferencia bancaria, o envío tramítase unha vez recibimos o xustificante de pago.
Para máis información sobre envíos, devolucións e outras dúbidas, consulta a páxina de Envíos









