Curso de arte floral xaponés: Ikebana e Kokedama presencial en Vigo
95,00€ IVE incl.
Descubre a arte floral xaponesa nun obradoiro pensado para parar, crear e conectar coa natureza.
A sesión terá lugar o sábado 9 de maio de 2026, en horario de 10:30 a 13:30, no espazo de Las Flores de Greta, un entorno coidado en Vigo que invita á calma e á creación.
Achegarémonos ao ikebana e ás kokedamas, dúas técnicas que combinan estética, equilibrio e respecto polo medio natural. Ao longo de 3 horas alternaremos unha parte teórica, na que coñecerás a súa orixe e principios básicos, cunha parte práctica na que crearás as túas propias composicións.
É unha proposta pensada para persoas adultas, sen necesidade de experiencia previa, que queiran experimentar coas mans, aprender algo novo e gozar dun tempo sen présas.
Traballaremos en grupo reducido para garantir unha experiencia próxima e acompañada en todo momento.
Inclúe todos os materiais necesarios e un pequeno aperitivo a media mañá. Ao rematar, levarás contigo un ikebana e unha kokedama feitas por ti.
Tamén pode ser unha opción de agasallo especial para o Día da Nai: unha experiencia compartida, creativa e diferente.
Hai existencias
Obradoiro presencial en Vigo de introdución ao ikebana e ás kokedamas, dúas formas de arte floral xaponesa baseadas na harmonía e na conexión coa natureza.
Durante 3 horas combinarás explicación e práctica guiada para crear as túas propias pezas desde cero. O curso inclúe todos os materiais, acompañamento durante toda a sesión e un pequeno aperitivo.
Realizarase en grupo reducido (máximo 10 persoas), nun ambiente próximo e coidado, pensado para aprender sen présas e gozar do proceso.
Información práctica
📍 Lugar: Las Flores de Greta, Abeleira Menéndez 11, Vigo
📅 Data: Sábado 9 de maio de 2026
🕥 Horario: de 10:30 a 13:30
👥 Prazas limitadas: máximo 10 persoa
Estrutura do curso
- 1 hora de teoría
Introdución ao ikebana e ás kokedamas: orixe, filosofía e principios básicos - 2 horas de práctica
Creación dun ikebana e dunha kokedama guiada paso a paso
Que inclúe
- Todos os materiais necesarios
- Acompañamento durante toda a sesión
- As túas dúas creacións (que levarás contigo)
- Un pequeno aperitivo a media mañá.
Condicións de reserva e cancelación
A reserva de praza neste obradoiro implica a aceptación da data e do horario indicados.
Non se admiten cambios unha vez realizada a compra.
Poderás cancelar a túa reserva con dereito ao reembolso completo do importe abonado ata 15 días antes da data de inicio do obradoiro.
Nos 15 días previos ao comezo da actividade non se realizarán devolucións.






