Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Fabricación de Xoguetes
Conxugamos artesanía con seguridade e sustentabilidade, apostando polo mundo natural, tanto nos materiais empregados coma nos acabados. Os xoguetes feitos en materiais nobres ofrecen peso, olores, temperatura e textura que estimulan a discriminación sensorial, o coñecemento do medio e a transmisión de valores.
Dirixido tanto a particulares que queiran gozar de xoguetes de calidade, coma a colectivos que queiran crear o seu propio espazo xogueteiro (asesoramos na construción do mesmo).
Coñece o noso I Catálogo
O I Catálogo de Brinquedos Tradicionais está composto de 36 xoguetes en madeira e sete bonecas e bonecos de trapo.
Para elaboralo botamos man da nosa memoria, a dos nosos veciños e da “Gran enciclopedia dos Brinquedos Tradicionais” de Antón Cortizas; elementos que nos permitiron traer pezas do pasado para as nenas e nenos do presente e do futuro, ofrecer anacos de historia viva para os momentos de divertimento e aprendizaxe no xogo, onde o neno e a nena son os auténticos protagonistas.
Amigos do Sostible
A madeira que empregamos é de procedencia local, principalmente de piñeiro (xunto con restos de poda e outros elementos orgánicos collidos directamente da natureza), tratada con produtos ecolóxicos certificados e acabado natural.
Os nosos xoguetes son sólidos, resistentes, naturais e únicos. Deixamos á vista a personalidade de cada un, sabendo que cada creación é única en si mesma, por marcas, por vetas, por pequenas imperfeccións.
Preto da nosa terra
Para a colección de bonecas e bonecos de trapo Miudiños, empregamos tamén materiais naturais, con énfase na lá, cardada para o recheo e enfiada para os cabelos, sendo estes de lá de ovella galega tinguida artesanalmente con tinturas naturais por Veilavén Artesanía.
Con esta colección irémonos introducindo no máxico mundo da mitoloxía galega. Da man das Mouras, das Xacias, de Pedro Chosco e do Pandigueiro (Apalpador, quen calza zocos de EFERRO) e arroupados por fermosos cabalos e alicornios, queremos comezar a divulgar unha pequena parte do noso patrimonio inmaterial e construír novas realidades de xogo.