Cabana

184,95 IVE incl.

A colección de xoguetería téxtil aporta novas oportunidades lúdicas e pedagóxicas para a rapazada, sen perder o emprego de materiais naturais e de alta calidade propios do noso catálogo.

Os espazos de agocho tórnanse indispensables pola súa versatilidade no xogo, creación continua e adaptación ás necesidades emocionais de cada momento.

SKU: 2107025 Categorías: ,

A Cabana é un acubillo deseñado por Miudiño, realizado artesanalmente en tea de loneta e madeira de piñeiro e de eucalipto.