Moura

38,00 IVE incl.

Fermosa boneca elaborada artesanalmente, con corpo de algodón e recheo de lá natural cardada. O vestido de brocado e pasamanería evoca tempos antigos de realeza. O cabelo de lá natural é decorado con pasamanería e tinguido artesanalmente con tinturas naturais por  Veilavén Artesanía.

Esgotado

SKU: 210101 Categoría:

A moura é considerada a figura máis importante da mitoloxía galega.

Mulleres belísimas e encantadas que viven nas fontes, castros, penedos, mámoas e ruínas de antigos monumentos ou castelos, ou sexa, baixo auga ou baixo terra. Reciben moitos nomes, como donas, mozas, mulleres, señoritas, señoras, madamas, encantos, princesas e raíñas. Son iguais ás hadas, xanas, anjanas, fées, korrigans, fairies, fate, moirai, etc. Teñen cabelos rubios, é dicir, vermellos, a pel branca e as meixelas con lixeiros tons vermellos. Son encantadoras. Lavan, tecen , fían e peitean os seus cabelos á luz do sol, sobre unha penas ou ás beiras da fonte. Ao tempo que fían cunha man, mazan leite coa outra e cargan na cabeza enormes pedras  coas que constrúen os edificios ou estruturas nos que viven (castros, castelos, penedos).*

Coñeces algún castro ou penedo no que poida vivir unha moura?

*Texto extraído de: Cuba, Xoán R./ Reigosa, Antonio/ Miranda. Xosé (1999): Diccionario dos seres míticos galegos (p.170) (Vigo:Xerais).

A boneca inclúe:  Peite de madeira feito artesanalmente

Medidas da boneca: 43 cm de alto

Idade recomendada: +2 anos

Referencia: 210101

¿Tes algunha pregunta sobre a boneca? ¡Fala connosco!

Envío gratis a partires de 100€

Os envíos para a Península e Baleares son totalmente gratuitos en pedidos superiores a 100€.

Entregas na Península e Baleares – 5€

Se dispoñemos do artículo en stock, o envío realízase por paquetería urxente con MRW, nun prazo de 24-48 horas.
Se realizas o teu pedido durante un fin de semana ou día festivo, tramítase ao seguinte día laborable. No caso de realizar o pago por transferencia bancaria, o envío tramítase unha vez recibimos o xustificante de pago.

Para máis información sobre envíos, devolucións e outras dúbidas, consulta a páxina de Envíos