Pandigueiro / Apalpador

43,00 IVE incl.

O Pandigueiro é un fermoso boneco elaborado artesanalmente, con corpo de algodón e recheo de lá natural cardada. O seu é traxe de pana e a camisa de algodón. O cabelo de lá natural tinguido artesanalmente con tinturas naturais por  Veilavén Artesanía. Calza zocos de EFerro e o zurrón é un estupendo pai-fillo-nai cativiño.

SKU: 210104 Categoría:

O Pandigueiro ou Apalpador é un xigante carboeiro que vive nas devesas da montaña galega.

Na noite do apalpadoiro vai ás casas onde hai cativos. Cando están durmidos, apalpa na súa barrigola e comproba se comeron abondo durante o ano. Se así o fixeron dilles así esteas todo o ano. Comeran ou non, deixa unha presadiña de castañas quentes ao seu carón, e tal vez algún pequeno agasallo, desexándolles felicidade e fartura no ano que entra.

*Textos extraídos de: Cortizas, Antón (2013): Tastarasbás, Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza (p.1044) (Vigo: Xerais)

Medidas da boneca: 39 cm de alto

Idade recomendada: +3 anos

Referencia: 210104

¿Tes algunha pregunta sobre o boneco? ¡Fala connosco!

Envío gratis a partires de 100€

Os envíos para a Península e Baleares son totalmente gratuitos en pedidos superiores a 100€.

Entregas na Península e Baleares – 5€

Se dispoñemos do artículo en stock, o envío realízase por paquetería urxente con MRW, nun prazo de 24-48 horas.
Se realizas o teu pedido durante un fin de semana ou día festivo, tramítase ao seguinte día laborable. No caso de realizar o pago por transferencia bancaria, o envío tramítase unha vez recibimos o xustificante de pago.

Para máis información sobre envíos, devolucións e outras dúbidas, consulta a páxina de Envíos

Menú