Pedro Chosco

45,00 IVE incl.

En todos os fogares nos que hai bebé, vive Pedro Chosco, trasniño meniñeiro que vela polo sono da cativada, quen pode velo cando xa ten un olliño pechado e o outro non o pode abrir.

Disque agarda a noitiña para entrar silandeiro e botar unha mexadiña que lles fai picar os olliños… tanto refregan neles, que adormecen.

Logo queda esperto, vixiando o seu sono, e cun pequeno pano límpalle o bico dos restos do leite nos beizos, para que ningún outro ser vaia uliscar nin interromper o seu soñar.

SKU: 2101030 Categoría:

O Pedro Chosco está feito en algodón, recheo de lá de ovella 100% e empregando tinturas naturais no cabelo de lá, no peto e na camisa de liño. O pano é de algodón e as pantuflas de lá cardada.