Pellos artesanais para os nosos xogos tradicionais de puntería: O Burro, A Chave e As Pontes. Repostos de calidade que manteñen viva a tradición galega e garanten horas de diversión
Pellos para os nosos xogos de puntería
Rango de prezos: desde 10,50€ ata 16,00€ IVE incl.
Levabades tempo pedíndonos reposicións dos pellos dos nosos xogos de puntería, e escoitamos a vosa demanda. Sabemos que, aínda que estas pezas son duradeiras, dependendo de onde se usen poden perderse ou deteriorarse co tempo. Nós pasámonos a vida repoñéndoas nos espazos de xogo!
Sabedes que moitas veces, nas escolas ou espazos comunitarios, cando se perden os pellos simplemente deixan de usar os xogos… e iso non é o que queremos. Queremos que os xogos tradicionais sigan vivos, accesibles e completos.
Ata agora estas reposicións facíanse por encargo, o que podía implicar máis trámites e agardar máis tempo. Agora, por fin, xa as tedes dispoñibles directamente na nosa web. Así podedes solicitar pezas extra ou repoñer facilmente os pellos dos vosos xogos favoritos sen esperas.
Con estes pellos artesanais de calidade, aseguraredes horas de diversión mantendo viva a tradición galega dos xogos de puntería como O Burro, A Chave e As Pontes.
Se aínda non tedes os xogos, podedes botarlle un ollo nos seguintes enlaces:
https://miudinho.gal/producto/chave-ferrolterra-de-madeira/
https://miudinho.gal/producto/as-pontes/
https://miudinho.gal/producto/o-burro/
6 Pellos de madeira
Envío gratis a partires de 100€
Os envíos para a Península e Baleares son totalmente gratuitos en pedidos superiores a 100€.
Entregas na Península e Baleares – 5€
Se dispoñemos do artículo en stock, o envío realízase por paquetería urxente con MRW, nun prazo de 24-48 horas.
Se realizas o teu pedido durante un fin de semana ou día festivo, tramítase ao seguinte día laborable. No caso de realizar o pago por transferencia bancaria, o envío tramítase unha vez recibimos o xustificante de pago.
Para máis información sobre envíos, devolucións e outras dúbidas, consulta a páxina de Envíos
Tamén che recomendamos…
-

Xanela dos contos
Rango de prezos: desde 95,00€ ata 100,00€ IVE incl. Engadir ao carro Este produto ten múltiples variantes. As opcións pódense elixir na páxina de produto








