Pinta e colorea “Os nosos bosques”
10,00€ IVE incl.
Pinta e colorea baseado no libro “Os nosos bosques”, conta con 45 ilustracións de animais, vexetais e paisaxes cos seus respectivos nomes en diferentes grafías, e así poder practicar e mellorar a comprensión de primeiras lectoras.
O trazo sinxelo das ilustracións de Clara Cerviño, a variedade de formas a pintar, e a gramaxe do papel permitiránlles dar renda solta á imaxinación empregando unha ampla variedade de ferramentas para dar cor.
Non se pode defender o que non se ama e non se pode amar o que non se coñece
“Coñecer para amar” é unha colección que desexa contribuír cunha pequena mostra do gran coñecemento que temos na Galiza para nomear os seres vivos que nos acompañan, esperando sementar amor nos corazóns para coidar e defender a biodiversidade na nosa terra.
Pinta e colorea baseado no libro “Os nosos bosques”, conta con 45 ilustracións de animais, vexetais e paisaxes cos seus respectivos nomes en diferentes grafías, e así poder practicar e mellorar a comprensión de primeiras lectoras, co obxectivo de proporcionar unha nova ferramenta de lecer, que permita á cativada aprender a recoñecer e nomear os seres vivos que nos rodean ao tempo que crean fermosas ilustracións.
O trazo sinxelo das ilustracións de Clara Cerviño, a variedade de formas a pintar, e a gramaxe do papel permitiránlles dar renda solta á imaxinación empregando unha ampla variedade de ferramentas para dar cor.
IDEA ORIXINAL Miudiño S.Coop.Galega
EDICIÓN Miudiño S.Coop.Galega (2021)
ILUSTRACIÓNS Clara Cerviño
DESEÑO E MAQUETACIÓN conxenia.gal
IMPRESIÓN Obradoiros Gráfico
ISBN 978-84-944758-3-2
DEPÓSITO LEGAL VG 405-2021
REFERENCIA 1032001
TAMAÑO A4 (210×297 mms)
TOTAL PÁXINAS 56, a unha tinta
LICENCIA CREATIVE COMMONS Non se permite un uso comercial nin a xeración de obras derivadas
Emprego de papel reciclado e ambientalmente sostible de 170gr.









